O Requeixo, Celeiros, Ponteareas
O Requeixo | |
---|---|
Parroquia | Celeiros |
Concello | Ponteareas |
Coordenadas | 42°10′12″N 8°27′01″O / 42.170081349716, -8.450196159242 |
Poboación | 30 hab. (2022) |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Requeixo é un lugar da parroquia de Celeiros no concello pontevedrés de Ponteareas. No ano 2022 tiña 30 habitantes (15 homes e 15 mulleres).[1]
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo vén da palabra requeixo,[Cómpre referencia] que ten varios significados; o máis probable é que signifique "Terreo en pendente que vai dar a un val", debido á posición xeográfica da aldea, que se atopa nunha pendente.
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira mención que se coñece do barrio é do ano 963, nun documento do mosteiro de Santa María de Melón que fala da fundación de Santa Locaia (Guillade), referíndose ao barrio como "Requieiso".[2]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]No Requeixo atópase a casa da Carixa, a cal pertenceu a unha familia moi importante na parroquia. Preto deste barrio atópase a carballeira dos Candeira e o piñeiro manso desta tamén importante familia.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Celeiros
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Celeiros no concello de Ponteareas (Pontevedra) | |
---|---|
A Carreira | O Outeiro | O Requeixo | Ribadas | Soutelo |
Parroquias de Ponteareas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 16 de abril de 2023.
- ↑ Romaní Martínez, Miguel; Otero Piñeyro Maseda, Pablo Santiago (2009). "La “domus” de Santa Leocadia de Guillade (Ponteareas) en un documento del año 963. Estudio sobre su autenticidad" (PDF). Cuaderno de Estudios Gallegos (122): 135. ISSN 0210-847X.