O cabaliño de buxo
O cabaliño de buxo | |
---|---|
Autor/a | Xosé Neira Vilas |
Ilustrador/a | Xosé Conde Corbal Xosé Díaz Xosé Vizoso |
Cuberta | Isaac Díaz Pardo (1ª ed.) |
Orixe | Galicia |
Lingua | galega |
Xénero(s) | Narrativa |
Editorial | Ediciós do Castro |
Data de pub. | 1971 |
Páxinas | 68 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O cabaliño de buxo é unha novela de literatura infantil e xuvenil de Xosé Neira Vilas publicada en 1971 por Ediciós do Castro. Está adicada a Anisia Miranda, e segue a liña de obras protagonizadas por nenos comezada con Memorias dun neno labrego (1961).
Argumento
[editar | editar a fonte]A obra está protagonizada por Ruliño. Despois da presentación do neno hai dez capítulos: "O cabaliño de buxo", "Na romaría", "Augardente", "A carta", "O reló", "O retrato", "O niño da rula", "O circo", "Un meniño" e "Na escola".
Edicións
[editar | editar a fonte]A primeira edición saíu do prelo o 17 de maio de 1971 tiña a portada deseñada por Isaac Díaz Pardo. O libro foi publicado de novo por Ediciós do Castro en 1977 e 1979, e ao igual ca na primeira edición incluía un glosario. En 1992 saíu do prelo a 12ª edición. Foi ilustrado sucesivamente por Xosé Conde Corbal, Xosé Díaz e Xosé Vizoso.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Narrativa Arquivado 08 de decembro de 2015 en Wayback Machine., na páxina web da Fundación Xosé Neira Vilas.