Saltar ao contido

Xosé Conde Corbal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXosé Conde Corbal
Biografía
Nacemento5 de abril de 1923 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de marzo de 1999 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor, gravador Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1072081 BUSC: conde-corbal-xose-1923-1999

Xosé Conde Corbal, nado en Pontevedra o 5 de abril de 1923 e finado en Vilagarcía de Arousa o 5 de marzo de 1999, foi un debuxante, gravador e pintor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo de José Conde Pérez e Trinidad Corbal Souto. Fixo os estudos de primaria na escola privada de dona Estrellita e despois no Colexio Balmes, e o bacharelato no Instituto de Pontevedra. Comezou a estudar dereito, e despois química, na Universidade de Santiago. Nesa cidade formou grupo artístico co pintor Rafael Alonso e o fotógrafo Juan Manuel Castuera.[1] Despois de abandonar a universidade, dirixiu unha fábrica de cerámica en Benavente. En 1954 dirixiu unha mina de volframio en Lobios.

Achegouse ao PCE, para abandonalo nos anos noventa e achegarse ao Partido Galeguista.

Colaborou en El Imperio de Zamora, La Región, Diario de Pontevedra e Faro de Vigo.

En 1958 expuxo gouaches de temática mariñeira e paisaxística no Liceo Recreo Ourensán, na Sala Velázquez de Vigo, no Salón de Actos do concello de Pontevedra, e na oficina de turismo de Santiago.[2] Entre 1969 e 1975 viviu en Madrid.

A súa obra recolle a fauna, a flora, as paisaxes e os monumentos de Galiza, así como persoeiros da Xeración Nós, Ramón María del Valle-Inclán, Manuel Curros Enríquez, Miguel de Cervantes ou Enrique Líster. En 1961 publicou El Orense perdurable e en 1964 Orense monumental, con textos de Ferro Couselo. Entre 1936 e 1986 pintou a serie O fardel da guerra. O artista estaba "marcado polo desprezo dunha burguesía que se viu retratada na súa complicidade cos responsables do terror".[3] O seu estilo expresionista inspírase no esperpento de Valle-Inclán.[4] Conde Corbal quería democratizar a arte abaratando os medios de reprodución e socializándoa. Para iso chegou a unha técnica de reprodución orixinal: impresión en máquina de offset a partir dun orixinal sobre acetato, no que mesturaba tinta acrílica negra e látex. Con este método aforraba os custos dos fotolitos (clixés negativo e positivo) empregados na época.[4]

Teñen obra súa o Museo de Pontevedra a Colección Afundación e o Museo Municipal Quiñones de León de Vigo.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

En 1947 casou con Margarita Escuredo Lago, filla de Eugenio Escuredo Lastra (da fábrica de cerámica Celta de Pontecesures e da conserveira Yago do Grove). Foi pai de once fillos.

Exposicións

[editar | editar a fonte]
  • 1957: Meloxo, O Grove
  • 1958: Liceo Recreo Ourensán
  • 1958: Sala Velázquez (Vigo)
  • 1958: Salón de Actos do Concello de Pontevedra
  • 1958: Oficina de Turismo de Santiago
  • 1960: Liceo Recreo Ourensán
  • 1960: Sala de Arte Xuvenil (Ourense)
  • 1960: Sala de Arte La Troya (Ourense)
  • 1961: Orense perdurable (Claustro do Museo Arqueolóxico de Ourense)
  • 1962: Sociedad de Amigos del Arte da Biblioteca Nacional (Madrid): exposición colectiva de artistas ourensáns
  • 1962: Instituto de Pontevedra
  • 1966: Xentes do mar (Caixa de Aforros Municipal de Vigo
  • 1968: Románico galego (Santiago)
  • 1969: Sala Toisón (Madrid)
  • 1972: Obra gráfica. Valle-Inclán (Ourense)
  • 1973: Centro educativo Rutgers (New Jersey)
  • 1973: Bradley University (Pretoria, Illinois)
  • 1978: A dorna e os que viven dela (Ourense)
  • 1982: Vivente Risco e o seu tempo (Museo de Pontevedra)
  • 1983: Gravados sobre a obra de Valle-Inclán (Museo de Pontevedra)
  • 1987: O fardel da guerra (Museo de Pontevedra; Museo do Pobo Galego)
  • 1993: Conde Corbal. Pintura 1991-1993 (Vilagarcía)
  • 2024: O fardel da guerra 1936-1986 (Museo de Artes do grabado)

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • El Orense perdurable (1961)
  • Orense Provincia monumental (1963) (mapa)
  • Del Orense monumental (1964)
  • Orense Pórtico de Galicia (1964) (mapa)
  • Pontevedra en 50 debuxos (1965)
  • Santiago llegó por mar (1965) (folleto)
  • Baixa Limia (1965) (mapa)
  • Cruceros, petos y santos: Pontevedra: La tierra y sus gentes (1966)
  • Centenario de Valle-Inclán (1966)
  • Pontevedra: La tierra y sus gentes (1967)
  • Pazos de Pontevedra (1972)
  • Vigo. Xentes do mar de Vigo (1973)
  • Desnudos (1973)
  • A dorna e os que viven dela (1973)
  • Retratos (1975)
  • Rivadavia (1975)
  • Nenos, mulleres e vellos (1975)
  • Na procura da fauna galega (1976)
  • Nós (1976)
  • Fauna galega: especies de río (1978)
  • Mamíferos (1978)
  • Galicia e Minho deica o Douro (1980)
  • Peixes e flores de Galicia (1984)
  • Conde Cordal. Obra gráfica (2011), editada por Antón Mascato (NovaGalicia).
  • O fardel da guerra 1936-1986 (2024) (Museo de Artes do grabado).
  1. "Cronobiografía de Xosé Conde Corbal", en Conde Cordal (2024), p. 105.
  2. "Cronobiografía de Xosé Conde Corbal", en Conde Cordal (2024), p. 106.
  3. Mascato 2023, p. 5.
  4. 4,0 4,1 Mascato 2023, p. 8.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]