O detective Conan: Conta atrás cara ao ceo
O detective Conan: Conta atrás cara ao ceo | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 名探偵コナン 天国へのカウントダウン |
Director | Kanetsugu Kodama |
Guión | Gosho Aoyama Kazunari Kochi |
Música | Katsuo Ono Mai Kuraki |
Estudio | TMS |
Distribuidora | Arait Multimedia (Galicia) |
Estrea | 21 de abril de 2001 31 de decembro de 2012 (TVG) |
Duración | 105 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Animación |
Filme anterior | O detective Conan: Engaiolado nos seus ollos |
Filme seguinte | O detective Conan: A pantasma de Baker Street |
Na rede | |
O detective Conan: Conta atrás cara ao ceo (名探偵コナン 天国へのカウントダウン Tengoku no Kauntodaun?, literalmente Conta atrás cara ao paraíso) é un filme de animación baseado no anime O detective Conan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 21 de abril do 2001.
En galego, estreouse na TVG o 31 de decembro do 2012.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Cando non hai tempo de fuxir... Serías quen de salvar a persoa que amas?
Desta volta, o escenario desta quinta película sitúase no alto dunhas torres xemelgas, deseñadas por un aprendiz de Teiji Moriya, que apareceu no primeiro filme.
De camiño de volta dunha acampada, o noso heroe o detective Conan e os seus amigos paran diante das torres xemelgas que están a piques de seren inauguradas. Alí, atópanse con Ran, a súa amiga Sonoko e o seu pai, o detective Mouri. Tamén coñecen unha fermosa muller chamada Mio Tokiwa, a propietaria dos rañaceos, e outra xente sospeitosa que parece ter intencións macabras.
No momento no que acontece o primeiro asasinato, un Porsche de cor negra aparece. Un dos Homes de Negro, que obrigou a Shinichi a beber o bebedizo que o fixo encoller, condúceo. Malia o asasinato, a atractiva Tokiwa insiste en celebrar unha cerimonia para festexar a apertura das torres. Agora, os asasinatos en serie estarán a piques de empezar, a unha altura de 300 metros desde o chan. Poderá Conan fuxir desde o andar que está máis achegado ao ceo?
Dobraxe
[editar | editar a fonte]- Estudio: SODINOR S.A.
- Data: 2012.
- Dirección: Alfonso Valiño e Matías Brea.
- Tradución: María Alonso Seisdedos.
- Elenco da dobraxe:
Personaxe | Actor de dobraxe |
Actor orixinal |
---|---|---|
Conan Edogawa | Teresa Santamaría | Minami Takayama |
Shinichi Kudo | Gaspar Somoza | Kappei Yamaguchi |
Ran Mouri | Isabel Vallejo | Wakana Yamazaki |
Kogoro Mouri | Matías Brea | Akira Kamiya |
Hiroshi Agasa | Paco Barreiro | Kenichi Ogata |
Inspector Megure | Alfonso Valiño | Furin Cha |
Genta Kojima | Antón Rey | Wataru Takagi |
Mitsuhiko Tsuburaya | Montse Davila | Ikue Otani |
Ayumi Yoshida | Marián Muíño | Yukiko Iwai |
Sonoko Suzuki | Nora Abad | Naoko Matsui |
Inspector Shiratori | César Cambeiro | Kazuhiko Inoue |
Ai Haibara | Chelo Díaz | Megumi Hayashibara |
Chinami Sawaguchi | Xermana Carballido | Aya Hisakawa |
Yoshiaki Hara | Antón Olmos | Koichi Hashimoto |
Mio Tokiwa | Lucía Cid | Toshiko Fujita |
Hohsui Kisaragi | Xavier Perdiz | Ichiro Nagai |
Iwamatsu Ooki | Alfonso Agra | Takeshi Watabe |
Hidehiko Kazama | Monti Castiñeiras | Juurota Kosugi |
Gin | Coté Sansegundo | Yokitoshi Hori |
Vodka | Xosé Tanas | Fumihiko Tachiki |
Axente Takagi | Manolo Pombal | Wataru Takagi |
Axente Chiba | Antón Rubal | Isshin Chiba |
Akemi Miyano | Helena Amoedo | Sakiko Tamagawa |
Axente Tomé | Antón Rubal | Toshihiko Nakajima |
Música
[editar | editar a fonte]A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é "Always" ("Sempre"), interpretada por Mai Kuraki. Este tema é, ademais, o décimo segundo peche da serie, e está dobrado ao galego para o anime. Malia isto, na versión galega do filme, permanece o tema orixinal en xaponés.
Os temas da música de fondo foron compostos por Katsuo Ono, e serían utilizados na serie orixinal a partir do ano 2002.