O detective Conan: O derradeiro mago do século
O detective Conan: O derradeiro mago do século | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 名探偵コナン 世紀末の魔術師 |
Director | Kanetsugu Kodama |
Guión | Gosho Aoyama Kazunari Kochi |
Música | Katsuo Ono B'z |
Estudio | TMS |
Distribuidora | Arait Multimedia (Galicia) |
Estrea | 17 de abril de 1999 5 de xullo de 2013 (TVG) |
Duración | 100 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Animación |
Filme anterior | O detective Conan: A décimo cuarta vítima |
Filme seguinte | O detective Conan: Engaiolado nos seus ollos |
Na rede | |
O detective Conan: O derradeiro mago do século (名探偵コナン 世紀末の魔術師 Meitantei Conan: Seikimatsu no Majustushi?, literalmente O mago da fin do século) é un filme de animación baseado no anime O detective Conan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 17 de abril do 1999.
En galego, estreouse na TVG o 5 de xullo do 2013.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A célebre serie do Detective Conan trae de novo outra excitante película. O noso heroe encóntrase desta vez co seu inimigo, o misterioso ladrón Caco Kid. Aceptando o reto del, Conan e o seu amigo Heiji tentarán protexer o derradeiro tesouro da Dinastía Rusa dos Romanov, o Ovo dos Recordos. Mais coas súas trécolas e estratexias, Caco Kid logra confundilos e faise coa tan prezada xoia.
Mentres foxe voando coa súa á delta un criminal dispáralle a logra abatelo. Caco Kid desaparece coma por arte de maxia, deixando atrás unha pomba e o obxecto roubado, que pasan ás mans do outro criminal.
A herdeira lexítima do ovo cóntalles a Conan e mais aos seus amigos a historia da xoia. O noso detective descobre un mecanismo oculto dentro do tesouro que lle será clave para resolver o caso e levaráos ata un castelo cheo de trampas e engados arquitectónicos. Poderán recuperar o valioso ovo?
Dobraxe
[editar | editar a fonte]- Estudio: Sodinor
- Data: 2013.
- Dirección: Alfonso Valiño e Matías Brea.
- Tradución: María Alonso Seisdedos.
- Elenco da dobraxe:
Personaxe | Actor de dobraxe |
Actor orixinal |
---|---|---|
Conan Edogawa | Teresa Santamaría | Minami Takayama |
Shinichi Kudo | Gaspar Somoza | Kappei Yamaguchi |
Ran Mouri | Isabel Vallejo | Wakana Yamazaki |
Kogoro Mouri | Matías Brea | Akira Kamiya |
Hiroshi Agasa | Paco Barreiro | Kenichi Ogata |
Inspector Megure | Alfonso Valiño | Furin Cha |
Genta Kojima | Antón Rey | Wataru Takagi |
Mitsuhiko Tsuburaya | Montse Davila | Ikue Ohtani |
Ayumi Yoshida | Marián Muíño | Yukiko Iwai |
Sonoko Suzuki | Nora Abad | Naoko Matsui |
Inspector Shiratori | César Cambeiro | Kaneto Shiozawa |
Axente Takagi | Manolo Pombal | Wataru Takagi |
Axente Tome | Antón Rubal | Toshihiko Nakajima |
Ai Haibara | Helena Amoedo | Megumi Hayashibara |
Caco Kid | Óscar Fernández | Kappei Yamaguchi |
Heiji Hattori | Monti Castiñeiras | Ryo Horikawa |
Kazuha Toyama | Xermana Carballido | Yuko Miyamura |
Inspector Nakamori | Antón Olmos | Unsho Ishizuka |
Shintaro Chaki | Santiago Cortegoso | Nobuo Tanaka |
Shiro Suzuki | Miguel López Varela | Fumio Matsuoka |
Masato Nishino | Carlos Jiménez Díaz | Mitsuru Miyamoto |
Serguei Ovchinnikov | Luís Iglesia | Haruhiko Jo |
Shouichi Inui | Xavier Perdiz | Chikao Otsuka |
Seiran Hoshi | Ana Lemos | Toshiko Fujita |
Ryu Sagawa | Óscar Fernández | Houchu Ohtsuka |
Natsumi Kosaka | Beatriz García | Emi Shinohara |
Kuranosuke Sawabe | Antón Cancelas | Eisuke Yoda |
Axente Investigador | Manolo Pombal | Isshin Chiba |
Axente Lector | Carlos Jiménez Díaz | Isshin Chiba |
Axente Kobayashi | Antón Rubal | Sadado Nunome |
Axente Yokoyama | Óscar Fernández | Takayuki Inoue |
Señora Yoshida | Xermana Carballido | Shinobu Sato |
Música
[editar | editar a fonte]A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é "One" ("Un"), interpretada por B'z.
Os temas da música de fondo foron compostos por Katsuo Ono, e serían utilizados na serie orixinal a partir do ano 2000.