O prodixio
O prodixio | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Wonder |
Director | Sebastián Lelio |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | The Wonder de Emma Donoghue |
Intérpretes |
|
Música | Matthew Herbert |
Fotografía | Ari Wegner |
Montaxe | Kristina Hetherington |
Estudio |
|
Distribuidora | Netflix[1] |
Estrea | Telluride: 2 de setembro de 2022![]() Netflix: 16 de novembro de 2022 |
Duración | 103 minutos[2] |
Orixe | ![]() ![]() ![]() |
Xénero | Drama |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O prodixio[3] (en inglés: The Wonder) é un filme de 2022 dirixido por Sebastián Lelio a partir dun guión de Emma Donoghue, Lelio, e Alice Birch. Baséase na novela homónima de 2016 escrita pola propia Donoghue. Está protagonizado por Florence Pugh, xunto con Tom Burke, Elaine Cassidy, Kíla Lord Cassidy, Niamh Algar, Toby Jones e Ciarán Hinds.
Estreouse internacionalmente no Festival de Cinema Telluride o 2 de setembro de 2022, e en cinemas escollidos dos Estados Unidos o 2 de novembro de 2022, antes de estrearse en Netflix o 16 de novembro de 2022, onde conta cunha versión subtitulada en galego.[4] Recibiu valoracións positivas por parte da crítica, en especial o deseño de produción e as interpretacións do elenco, salientando a de Pugh.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Unha enfermeira inglesa, Elizabeth "Lib" Wright, é enviada a unha aldea rural en Irlanda de 1862, onde ten a tarefa de observar unha nena que leva meses sen comer.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Florence Pugh como Elizabeth "Lib" Wright
- Tom Burke como William Byrne
- Kíla Lord Cassidy como Anna O'Donnell
- Elaine Cassidy como Rosaleen O'Donnell
- Caolán Byrne como Malachy O' Donnell
- Niamh Algar como Kitty
- Toby Jones como Dr. McBrearty
- Ciarán Hinds como Padre Thaddeus
- Dermot Crowley como Sir Otway
- Brían F. O'Byrne como John Flynn
- David Wilmot como Seán Ryan
- Josie Walker como irmá Ryan
- Debbie McGee como asistente do mago
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Wiseman, Andreas (2021-08-12). "'The Wonder': First Look At Florence Pugh In Netflix Period Thriller Filming In Ireland; Tom Burke, Niamh Algar, Toby Jones, More Join". Deadline (en inglés). Consultado o 2021-08-12.
- ↑ "The Wonder". Festival Internacional de Cinema de Toronto. Consultado o 28 de xullo de 2022.
- ↑ pipocas.amesa.gal (ed.). "O prodixio". Consultado o 16 de xaneiro de 2023.
- ↑ Fansubgalego (ed.). "O prodixio subtitulado en galego en Netflix". Consultado o 17 de novembro de 2022.