Obra pública
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8b/PontedaPasaxe.jpg/300px-PontedaPasaxe.jpg)
Denomínase obra pública [1] a cada un dos traballos de construción, xa sexan infraestruturas ou edificacións, promovidos por unha administración de goberno (en oposición á obra privada) tendo como obxectivo o beneficio da comunidade.
As obras públicas fomentáronse dende a antigüidade. Por exemplo, o emperador romano Nerón animou a construción de varios proxectos de infraestruturas durante a deflación xeneralizada.[2]
Tipos de contrata
[editar | editar a fonte]Existen dous tipos de contrata para a obra pública:
- Contrata directa
- Licitación pública (concurso de prezos). Nesta, distintas empresas poden presentarse ao concurso debendo realizar unha proposta de proxecto e unha proposta económica. O proxecto que mellor se adecúe ás necesidades do goberno será o ganador e a empresa que o presentou será a encargada de executar a obra.
Principais tipos de obras públicas
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1a/Puente_de_la_Exposici%C3%B3n2_%28Calatrava%29redu.png/280px-Puente_de_la_Exposici%C3%B3n2_%28Calatrava%29redu.png)
Entre as principais obras públicas encóntranse:
- Infraestruturas de transporte, que inclúe:
- o terrestre (autoestradas, autovías, estradas, camiños),
- o marítimo e fluvial (portos, canais),
- o aéreo (aeroportos),
- o ferroviario e
- o transporte por condutos (oleodutos).
- Infraestruturas hidráulicas (presas, redes de distribución, depuradoras).
- Infraestruturas urbanas, que inclúe rúas, parques, alumeamento público etc.
- Edificios públicos (educativos, sanitarios, oficinas ou para outros fins.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Obra pública no Dicionario da Real Academia Galega.
- ↑ Thornton, Mary Elizabeth Kelly (1971). "Nero's New Deal". Transactions and Proceedings of the American Philological Association (Johns Hopkins University Press) 102: 629.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Planete TP Arquivado 03 de xuño de 2016 en Wayback Machine. - O mundo das Obras públicas (en inglés).
- Colegio de Ingenieros Técnicos de Obras Públicas de España