Océano de Xápeto
O océano de Xápeto (ou Xapeto) foi un océano que existiu no Neoproterozoico tardío e no Paleozoico temperán (hai entre 600 e 400 millóns de anos). O océano de Xápeto estaba situado no hemisferio sur, entre os paleocontinentes de Laurentia, Báltica e Avalonia. Este océano desapareceu cando se produciron as oroxenias acadiana, caledoniana e tacónica, cando estes tres continentes se uniron para formar unha gran masa de terra chamada Euramérica. Propúxose que o océano de Xápeto "do sur" se pechou coas oroxenias famatina e tacónica, o que significa unha colisión entre o oeste de Gondwana e Laurentia.
Como o oocéano de Xápeto estaba situado entre as masas continentais que moito tempo despois formarían aproximadamente as beiras opostas do océano Atlántico, pode considerarse o precursor do Atlántico. Como o Atlántico fora nomeado así polo titán da mitoloxía grega Atlas, que era fillo do titán Xápeto, o océano "pai" do Atlántico denominouse océano de Xápeto. O nome Xápeto foi usado por primeira vez por Harland e Gayer en 1972, e antes a este océano chamábaselle o Proto-Atlántico.[1]
Investigación histórica
[editar | editar a fonte]A inicios do século XX o paleontólogo norteamericano Charles Walcott observou diferenzas entre os trilobites bentónicos do Paleozoico temperán de Laurentia (como os da familia Olenellidae, a chamada "fauna do Pacífico"), atopados en Escocia e oeste de Teranova e os de Báltica (como os Paradoxididae, que se adoitan chamar a "fauna atlántica"), atopados no sur das illas Británicas e leste de Terra Nova. Os xeólogos de principios do século XX spoñían que existira unha gran depresión, denominada xeosinclinal, entre Escocia e Inglaterra a inicios do Paleozoico, que mantiña as costas de ambos os lados separadas.[2]
Co desenvolvemento da tectónica de placas na década de 1960, xeólogos como Arthur Holmes e John Tuzo Wilson chegaron á conclusión de que o océano Atlántico debeu ter un precursor anterior ao tempo da Panxea. Wilson tamén se decatou de que o Atlántico se abrira aproximadamente seguindo o mesmo trazado polo que o seu precursor se pechara, pero con algunhas diferenzas. Isto levouno a presentar a hipótese do ciclo de Wilson.[2]
Historia xeodinámica
[editar | editar a fonte]Orixe neoproterozoica
[editar | editar a fonte]En moitos lugares de Escandinavia atópanse diques basálticos de idades entre os 670 e 650 millóns de anos de antigüidade. Interprétanse como unha proba de que naquela época empezara a formación do rift que daría lugar ao océano de Xápeto.[3] En Terrranova e Labrador, os diques Long Range tamén se cre que se orixinaron durante a formación do océano de Xápeto.[4] Propúxose que tanto o Complexo Fen de Nouega coma o Complexo Alnö de Suecia se formaron como consecuencia dunha tectónica extensional suave no antigo continente de Báltica que se produciu despois da apertura do océano de Xápeto.[5]
O sur do océano de Xápeto abriuse entre Laurentia e o sueste de Gondwana (agora Suramérica) hai aproximadamente 550 millóns de anos na transición entre o Ediacárico e o Cámbrico. Na época en que o facía, tamén se pechou o océano de Adamastor máis ao leste.[6] A apertura do océano de Xápeto probablemente é posterior á apertura do océano Puncoviscano e o océano de Xápeto estaba separado do océano Puncoviscano polo terreo con forma de fita de Arequipa-Antofalla. Porén, a formación de ambos os océanos non parece estar relacionada.[7]
Paleozoico
[editar | editar a fonte]Ao suroeste do Xápeto, evolucionou un arco de illas desde inicios do Cámbrico (hai 540 millóns de anos). Este arco volcánico formouse sobre unha zona de subdución na que a litosfera oceánica do océano de Xápeto subducía cara ao sur por debaixo doutra litosfera oceánica. Desde a época cámbrica (hai uns 550 millóns de anos) o oeste do océano de Xápeto empezou a facerse progresivamene máis estreito debido a esta subdución. O mesmo aconteceu máis ao norte e leste, onde Avalonia e Báltica comezaron a moverse cara a Laurentia desde o Ordovícico (hai 488-444 millóns de anos).[3]
A fauna de trilobites das plataformas continentais de Báltica e Laurentia son aínda moi diferentes no Ordovícico, pero as faunas do Silúrico mostran unha progresiva mestura de especies, porque os continentes se moveron achegándose cada vez máis.[9]
No oeste, o océano de Xápeto pechouse coa oroxenia tacónica (desde hai 480 a 430 millóns de anos), cando o arco de illas volcánico chocou con Laurentia.[10] Algúns autores consideran a cunca oceánica ao sur do arco de illas volcánicas tamén como parte do Xápeto, e esta rama pechouse durante a posterior oroxenia acadiana, cando Avalonia colisionou con Laurentia.[11]
Suxeriuse que o sur do océano de Xápeto se pechou durante unha colisón continental entre Laurentia e Gondwana occidental (Suramérica). Se iso é certo, o oróxeno tacónico sería a continuación cara ao norte do oróxeno famatiniano exposto na Arxentina.[12] (Noutras palabras, o que actualemnte é o extremo norte do oróxeno famatiniano tería estado conectado co que actualmente é o sur do oróxeno tacónico).
Mentres tanto, as partes orientais xa se pecharan tamén co peche do mar de Tornquist entre Avalonia e Báltica xa durante o Ordovícico tardío,[13] e o da rama principal entre Báltica-Avalonia e Laurentia durante as fases grampiana e escandiana da oroxenia caledoniana (hai de 440 a 420 millóns de anos).[14][15]
A finais do Sulúrico (c. -420 millóns de anos) o océano de Xápeto xa desaparecera por completo e as masas combinadas dos tres continentes formaban o "novo" continente de Laurasia.[16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Banham, P.H.; Gibbs, A.D.; Hopper, F.W.M. (1979). "Geological evidence in favour of a Jotunheimen Caledonian suture". Nature 277: 289–291. doi:10.1038/277289a0.
- ↑ 2,0 2,1 Dalziel 1997, Review: "Archetypal" and "Alternative" Paleogeographic Scenarios, pp. 18–19
- ↑ 3,0 3,1 Torsvik et al. 1996
- ↑ "Birthdate for the lapetus Ocean? A precise U-Pb zircon and baddeleyite age for the Long Range dikes, southeast Labrador". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2006. Consultado o 30 de xullo de 2018.
- ↑ Meert, Joseph G.; Torsvik, Trond H.; Eide, Elizabeth A.; Dahlgren, Sven (1998). "Tectonic Significance of the Fen Province, S. Norway: Constraints from Geochronology and Paleomagnetism" (PDF). The Journal of Geology 106: 553–564. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de outubro de 2016.
- ↑ Gaucher, Claudio; Frimmel, Hartwig E.; Germs, J.B. (2010). "Tectonic Events and Palaeogeographic Evolution of Southwestern Gondwana in the Neoproterozoic and Cambrian". En Gaucher, Claudio; Sial, Alcides; Haverson, Galen. Neoproterozoic-cambrian tectonics, global change and evolution: a focus on south western Gondwana. Elsevier. p. 295–316.
- ↑ Escayola P., Mónica; van Staal, Cees R.; Davis, William J. (2011). "The age and tectonic setting of the Puncoviscana Formation in northwestern Argentina: An accretionary complex related to Early Cambrian closure of the Puncoviscana Ocean and accretion of the Arequipa-Antofalla block". Journal of South American Earth Sciences 32: 438–459.
- ↑ Figura baseada en Windley (1996) e Ziegler (1990)
- ↑ Cocks & Fortey 1990
- ↑ United States Geological Survey document: "The Highlands Province".
- ↑ Scotese, C.R.; McKerrow, W.S. (1990). "Palaeozoic, Palaeogeography and Biogeography". Geological Society Memoir 12: 1–21. Consultado o 24 April 2013.
- ↑ Dalla Salda, Luis H.; Dalziel, Ian W.D.; Cingolani, Carlos A.; Varela, Ricardo (1992). "Did the Taconic Appalachians continue into southern South America?". Geology 20: 1059–1062. doi:10.1130/0091-7613(1992)020<1059:dttaci>2.3.co;2.
- ↑ Ver Torsvik e Rehnström (2003)
- ↑ Fossen, H. & Dunlap, J.W.; 1998: Timing and kinematics of Caledonian thrusting and extensional collapse, southern Norway: evidence from 40Ar/39Ar thermochronology. Journal of Structural Geology 20, 765-781.
- ↑ Torsvik, T.H.; Smethurst, M.A.; Meert, J.G.; Van der Voo, R.; McKerrow, W.S.; Brasier, M.D.; Sturt, B.A. & Walderhaug, H.J.; 1996: Continental break-up and collision in the Neoproterozoic and Palaeozoic – A tale of Baltica and Laurentia, Earth-Science Reviews 40, p. 229–258.
- ↑ Ver reconstrucións paleoxeográficas das colisións por exemplo en Stanley (1999), p. 386; Ziegler (1990), pp. 17-19
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cocks, L. R. N.; Fortey, R.A. (1990). "Biogeography of Ordovician and Silurian faunas". En McKerrow, W. S.; Scotese, C. F. Palaeozoic Palaeogeography and Biogeography. Geological Society of London Memoirs 12. pp. 97–104. doi:10.1144/GSL.MEM.1990.012.01.08.
- Dalziel, I. W. (1997). "Neoproterozoic-Paleozoic geography and tectonics: Review, hypothesis, environmental speculation". Geological Society of America Bulletin 109 (1): 16–42. doi:10.1130/0016-7606(1997)109<0016:ONPGAT>2.3.CO;2.
- Harland, W.B. & Gayer, R.A.; 1972: The Arctic Caledonides and earlier oceans, Geological Magazine 109, pp. 289–314.
- Meert, J.G. & Torsvik, T.H.; 2003: The making and unmaking of a supercontinent: Rodinia revisited, Tectonophysics 375, pp. 261–288.
- Stanley, S.M.; 1999: Earth System History, W.H. Freeman & Co, ISBN 0-7167-2882-6.
- Torsvik, T.H. & Rehnström, E.F.; 2003: The Tornquist Sea and Baltica–Avalonia docking, Tectonophysics 362, pp. 67– 82.
- Torsvik, T. H.; Smethurst, M. A.; Meert, J. G.; Van der Voo, R.; McKerrow, W. S.; Brasier, M. D.; Sturt, B. A.; Walderhaug, H. J. (1996). "Continental break-up and collision in the Neoproterozoic and Palaeozoic—a tale of Baltica and Laurentia" (PDF). Earth-Science Reviews 40 (3): 229–258. doi:10.1016/0012-8252(96)00008-6. Consultado o January 2016.
- Windley, B.F.; 1996: The Evolving Continents, John Wiley & Sons (3rd ed.), ISBN 0-471-91739-7.
- Ziegler, P.A.; 1990: Geological Atlas of Western and Central Europe, Shell Internationale Petroleum Maatschappij BV (2nd ed.), ISBN 90-6644-125-9.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Earth.ox.ac.uk - Para unha información xeolóxica máis ampla ver a paleoxeografía do Ordovício e a evolución do océano de Xápeto.