Saltar ao contido

Laurusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Euramérica»)

Laurusia (unha fusión das palabras Laurentia e Rusia e diferente da máis grande Laurasia), tamén chamada Euramérica ou Continente do arenito vermello antigo, foi un supercontinente menor creado no Devoniano como resultado da colisión e fusión entre os antigos continentes de Laurentia, Báltica e Avalonia durante o oroxenia caledoniana, hai uns 410 millóns de anos.

No Carbonífero tardío, as selvas tropicais estendíanse polo ecuador de Laurusia. Cando o clima se fixo máis árido ocorreu un importante e abrupto cambio na vexetación. O bosque fragmentouse e os licópsidos, que dominaban estas zonas húmidas foron diminuíndo e desaparecendo, e foron substituídos por fentos oportunistas. Houbo tamén unha perda de diversidade de anfibios e simultaneamente o clima máis seco estimulou a diversificación dos réptiles.[1]

Extensión

[editar | editar a fonte]
Laurusia (=Euramérica) no Devoniano

Laurusia ou Euramérica pasou a formar parte do gran supercontinente Panxea no Permiano. No Xurásico, cando a Panxea se dividiu por medio de rifts en dous grandes continentes, chamados Gondwana e Laurasia, as terras correspondentes a Laurusia ou Euramérica quedaron formando parte de Laurasia (que tamén comprendía partes asiáticas como Siberia, zona de Casaquistán e partes da China).

No Cretáceo, Laurasia dividiuse nos continentes de Norteamérica e Eurasia. O cratón laurentino forma agora parte de Norteamérica mentres que Báltica forma partre de Europa, mentres que Avalonia quedou repartida entre os dous.

  1. Sahney, Sarda; Benton, Michael J.; Falcon-Lang, Howard J. (2010). "Rainforest collapse triggered Pennsylvanian tetrapod diversification in Euramerica" (PDF). Geology 38 (12): 1079–1082. doi:10.1130/G31182.1. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.