Odiseo (cráter)
Odiseo | |
---|---|
Odiseo é o monstruoso e pouco profundo cráter que se ve na parte inferior da imaxe, fotografía feita pola sonda Cassini o 14 de febreiro do 2010. | |
Tipo de accidente xeolóxico | Cráter |
Accidente xeolóxico de | Tetis |
Diámetro | 445 km[1] |
Profundidade | 3-5 km[2] |
Coordenadas | 32,82 N 128,89 O[1] |
Procedencia do nome | Odiseo, o heroe da Odisea.[1] |
Odiseo é con moito o cráter de impacto máis grande da lúa de Saturno, Tetis. Ten 445 km de diámetro, máis de 2/5 partes do diámetro da propia lúa. Está situado no hemisferio de cabeza (vangarda) e as coordenadas do centro do cráter son 32,82° N 128,89° O. O seu nome procede do heroe Odiseo da mitoloxía grega que aparece na Odisea.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]Odiseo é un cráter moi pouco profundo, o seu leito está a uns 3 kms. de profundidade media, e na súa parte máis externa (preto dos bordos) ten unha profundidade duns 5 kms -profundidades de 6–9 km non serían nada excesivas para un cráter tan enorme.[2] Pénsase que orixinalmente era bastante profundo e cuns bordos altos e uns picos centrais impoñentes. O longo do tempo, o leito do cráter relaxouse a unha forma máis esférica en concordancia co resto da superficie de Tetis, e tanto as montañas dos bordos coma o pico central (ou picos centrais) do cráter colapsáronse (de xeito semellante a aparente relaxación das superficies das lúas Calisto e Ganímedes do planeta Xúpiter). Isto indicaría que en tempos da formación de Odiseo, Tetis debería ter unha superficie o suficientemente morna e maleable para permitir á topografía colapsarse; posiblemente por que parte do interior da lúa estivese en estado líquido. Se Tetis, na época do impacto, estivese máis fría ou fose máis fráxil, a lúa posiblemente esnaquizaríase por culpa do impacto; e se a lúa non se tivese esnaquizado, o cráter tería gardado a súa forma orixinal, de xeito semellante ó cráter Herschel de Mimas.
No hemisferio oposto respecto de Odiseo, existe unha inmensa estrutura de vales e depresións chamada Ítaca Chasma, sobre a que se ten teorizado sobre a súa formación coma resultado do impacto que creou tamén o cráter Odiseo.[2] Aínda que estudos recentes baseados en imaxes de alta definición tomadas pola sonda Cassini indicarían este feito coma bastante improbable.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS Astrogeology (ed.). "Tethys: Odysseus". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 03-08-2009.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Moore, Jeffrey M.; Schenk, Paul M.; Bruesch, Lindsey S. e colaboradores. (2004). "Large impact features on middle-sized icy satellites" (PDF). Icarus 171: 421–43. doi:10.1016/j.icarus.2004.05.009. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 27 de marzo de 2009. Consultado o 06 de maio de 2010.
- ↑ "Tethys : Sceria Montes". Consultado o 06-05-2010.
- ↑ Giese, Bernd; Wagner, Roland; Neukum, Gerhard e colaboradores (2007). "Tethys: Lithospheric thickness and heat flux from flexurally supported topography at Ithaca Chasma" (PDF). Geophysical Research Letters 34: L2120. doi:10.1029/2007GL031467. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 25 de xullo de 2011. Consultado o 06 de maio de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Imaxe de astronomía do día 9 de setembro do 2007