Ognorhynchus icterotis
Ognorhynchus icterotis | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar en Colombia | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
En perigo[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
'Ognorhynchus icterotis' (Massena & Souancé, 1854) |
O Ognorhynchus icterotis é unha ave pertencente á familia dos Psitácidos.
Distribución e protección
[editar | editar a fonte]A mediados dos anos 90 do século XX só se coñecían 20 exemplares da especie no Ecuador[2]. No 1998, esta poboación desapareceu e dábase a especie por extinta. Mais había rumores de que sobrevivía unha poboación nos Andes colombianos[2]. Polo que lanzouse o proxecto Ognorhynchus pola Fundación ProAves, a Fundación Loro parque, a American Bird Conservancy e a Zoologische Gesellschaft für Arten und Population sschutz, para a recuperación da especie[2]. No 1991 atopáronse 81 exemplares nos Andes Centrais de Colombia, departamento de Tolima. E en xaneiro de 2001, descubriuse unha segunda poboación de 63 exemplares nos Andes Occidentais, departamento de Antioquía[2]. No 2015 estas poboacións aumentaron os seus efectivos, ata 4251 exemplares en Antioquía e de 949 en Tolima. Debido a isto en 2010, a UICN reduciu a categoría de ameaza de En perigo crítico a En perigo[2]. Esta especie é extremadamente dependente da palma ceroxylon quindiuense, especie tamén ameazada[2]. Por esta razón, era preocupante que as forestas desta especie eran cada vez máis pequenas e estaban máis fragmentadas. Para recuperar a especie leváronse a cabo reforestacións masivas, declaráronse varias reservas naturais e eliminouse o acceso do gando as forestas con exemplares de palma máis xuvenís. Ademais, no ámbito do Parque Nacional Lar Hermosas, tamén se levaron diversas accións para a protección da especie[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ognorhynchus icterotis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2013. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Waugh D. (Xuño 2016). "Aratinga orejigualda, el loro que pudo esquivar la extinción". Quercus (364).