Oléron
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Aquitania-Lemosín-Poitou-Charentes | ||||
Departamento | Charente Marítimo | ||||
Distritos | Arrondissement of Rochefort (en) | ||||
Cantón | canton of Saint-Pierre-d'Oléron (en) | ||||
Comuna | La Brée-les-Bains | ||||
Capital | Saint-Pierre-d'Oléron | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 21.790 (2012) (125,23 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 174 km² | ||||
Medición | 12 () × 34 () km | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
A Illa de Oléron (en francés: Île d'Oléron) é unha illa do Atlántico na costa oeste de Francia. Trátase da segunda maior illa da Francia metropolitana, por detrás de Córsega.
Historia
[editar | editar a fonte]No século sétimo e oitavo, xunto con Ré, formou o Vacetae Insulae ou illas Vacetian. Vaceti era outro nome para os vascóns.
Foi en Oléron entre 1152 e 1160 que Leonor de Aquitania introduciu o primeiro dereito marítimo nesa parte do mundo. En 1306, Eduardo I de Inglaterra concedeu a illa ao seu fillo, Eduardo II, como parte do ducado de Aquitania.[Cómpre referencia]
O 20 de marzo de 1586, a illa foi tomada por Agrippa d'Aubigné.[Cómpre referencia]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Trátase dunha fértil e ben cultivada illa na costa atlántica de Francia, que se atopa no Golfo de Biscaia. Ten 34 Km de longo por 15 de ancho e un relevo relativamente plano cunha cota máis alta de 34 metros. En total suman 175 km² nos que se agrupan 20.009 habitantes[cando?] repartidos en oito comunas e dous cantóns (du Château-d'Oléron e de Saint-Pierre-d'Oléron).
Desde o 19 de marzo de 1966 está unida ao continente por unha ponte de 2.862 m (o segundo máis longo deste tipo en Francia, por detrás do da illa de Ré[Cómpre referencia]).
Forma xunto ás marismas de Marennes a zona ostrícola de Marennes-Oléron.
O clima é xeralmente tépedo (clima tépedo marítimo), con choivas suficientes pero non excesivas e de 3 a 15 días de intensa calor nos meses estivais de xullo e agosto, na súa maioría agrupados.
Administración
[editar | editar a fonte]Administrativamente, a illa pertence á Charente Marítimo, departamento na rexión de Poitou-Charentes. Está dividida en 8 comunas:
- La Brée-les-Bains
- Le Château-d'Oléron
- Dolus-d'Oléron
- Le Grand-Village-Plage
- Saint-Denis-d'Oléron
- Saint-Georges-d'Oléron
- Saint-Pierre-d'Oléron
- Saint-Trojan-les-Bains
Transporte
[editar | editar a fonte]Desde 1966, esta conectada ao continente por unha ponte. Cunha lonxitude de 2.862 m entre os alicerces, foi a ponte máis longa de Francia no momento da construción. Agora é a terceira, logo da Ponte de Saint-Nazaire e a Ponte da illa de Ré.[Cómpre referencia]
Turismo
[editar | editar a fonte]Como grande illa do Atlántico a só 3 quilómetros da costa aquitana de Francia, Oléron é un popular destino turístico. Hai fermosas praias, o surf e montar da cabalo son actividades destacadas e hai moitos edificios interesantes.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Oléron". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santa María, I.; Massó, N. (2009). "I. de Oléron". Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. p. 133; B1. ISBN 978-84-8289-328-0.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sito web da oficina de turismo Oléron (en francés)