Olalla Vázquez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de setembro de 1981 (43 anos) Chantada, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Gregory L. Verdine (pt) Universidade Harvard Universidade Humboldt de Berlín |
Actividade | |
Ocupación | investigadora, profesora |
Olalla Vázquez Vázquez, nada en Chantada o 3 de setembro de 1981, é unha científica galega.[1][2]
O seu doutoramento é en química orgánica cun proxecto de bioloxía química.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda que nada en Chantada, terra de seus pais, aos 4 anos xa foi para Pontevedra e estudou secundaria no IES Valle-Inclán.[3] Licenciouse en Química pola Universidade de Santiago de Compostela en 2004. En 2005 recibiu unha bolsa FPU de doutoramento do Ministerio de Educación e Ciencia español. Para o seu doutoramento, traballou en miméticos sintéticos das proteínas, factores de transcrición e sondas fluorescentes para o recoñecemento de ADN dirixida por José Luis Mascareñas e Eugenio Vázquez. Realizou dúas estadías como estudante visitante na Universidade de Harvard, co profesor Gregory L. Verdine (2006) e na Humboldt Universität de Berlin, co profesor Oliver Seitz (2008). En 2010 defendeu a súa tese de doutoramento, obtendo Summa cum laude.[4]
Conseguiu a bolsa de investigación posdoutoral Marie Curie e regresou ao laboratorio do profesor Oliver Seitz, traballando sobre as posibilidades de usar reaccións molde baseadas in ARN mensaxeiro para sintetizar péptidos citotóxicos no contexto da terapia contra o cancro. En 2014 obtivo unha praza de "W1 Juniorprofessor (tenure track)"[5] na Philipps Universität Marburg, para establecer o novo departamento de Química e Bioloxía en colaboración co profesor Eric Meggers. En 2020, a súa avaliación foi positiva, recibindo unha oferta de Profesora Titular (W 2 Professur) na mesma universidade. Pasou a liderar o seu laboratorio[6] onde traballa no desenvolvemento de ferramentas optoquímicas para controlar e comprender os procesos biolóxicos a nivel molecular”[4][7]
En 2022 recibiu unha Full Professorship de Química Orgánica para a Investigación de Proteínas na Universidade de París Lodron de Salzburgo, rexeitando unha cátedra na Philipps-Universität Marburg (Alemaña). Desde 2023 Olalla é oficialmente Catedrática de Bioloxía Química (W3).[8]
Durante toda a súa traxectoria profesional publicou artigos en revistas especializadas de alto impacto.[9]
Publicacións (selección)
[editar | editar a fonte]- Zhang, L.; Xiulan, X.; Djokovic, N.; Nikolic, K.; Kosenkov, D.; Abendroth, F.*; ; Vázquez. O.*
- Reversible Control of RNA Splicing by Photoswitchable Small Molecules; J. Am. Chem. Soc. 2023, 145, 12783 – 12792
- Albert, L.; Nagpal, J.; Steinchen, W.; Zhang, L.; Werel, L.; Djokovic N.; Ruzic, D.; Hoffarth, M.; Xu, J.; Kaspareit, J.; Abendroth, F.; Royant, A.; Bange, G.; Nikolic, K.; Ryu, S.; Dou, Y.; Essen, L.-O.; Vázquez, O.* Bistable photoswitch allows in vivo control of hematopoiesis; ACS Cent. Sci. 2022, 8, 57 – 66.
- Linden, G.; Zhang, L.; Pieck, F.; Linne, U.; Kosenkov, D.; Tonner, R.; Vázquez, O.* Conditional singlet oxygen generation via DNA-targeted tetrazine bioorthogonal reaction; Angew. Chem. Int. Ed. Engl., 2019, 58, 12868 – 12873
- Schulte, L. N.; Heinrich, B.; Janga, H.; Schmeck, B. T; Vázquez, O*. A far-red fluorescent DNA binder enables interaction studies of live multidrug-resistant pathogens and host cells; Angew. Chem. Int. Ed. Engl., 2018, 57, 11564 – 11568
- Albert, L.; Xu, J.; Wan, R.; Srinivasan, V.; Dou, Y. Vázquez, O.* Controlled inhibition of methyltransferases using photoswitchable peptide-mimetics: towards an epigenetic regulation of leukemia; Chem. Sci., 2017, 8, 4612 – 4618.
Servizos á comunidade
[editar | editar a fonte]Compromiso co fomento da equidade, a diversidade e a inclusión na ciencia e apaixonada por levar a investigación á clase[10] xunto coa tamén profesora Carla Fröhlich (American Cottrell Scholar)[11] asegurando o liderado no Building Bridges Workshop[12] para apoiar os novos membros do profesorado na Alemaña.
É unha firme defensora da Bioloxía Química e, en consecuencia, é membro dos Comités Directivos de CheBio:
- EFMC Chemical Biology Initiative[13]
- DECHEMA GDCh Chemical Biology[14]
- EuChemS Chemistry in Life Science[15]
Premios
[editar | editar a fonte]- 2009: VII Premio Lilly.[16]
- 2011: Premio de investigación da Deputación de Pontevedra.[17]
- 2012: European Young Chemist, medalla de prata.[18]
- 2016: Fulbright-Cottrell.[19]
- 2017: SPP1926 Young Research Award.[20]
- 2018: Premio de Biotecnoloxía e Nanotecnoloxía da cidade de Marburg, compartido co profesor Leon Schulte.[21]
- 2020: Premio á Mellor Investigadora Europea Nova en Química Biolóxica.[22]
- 2020: Premio á Investigadora Nova Líder de Grupo da Real Sociedad Española de Química.[23]
- 2021: Ars Lengindi Fakultätenpreis.
- 2022: EFMC Prize for a Young Chemical Biologist in Academia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Buela, Ana (2020-11-20). "A precariedade laboral e a fuga de cerebros centrarán a Semana da Ciencia da man das científicas galegas María de la Fuente e Olalla Vázquez". Concello de Pontevedra. Consultado o 2020-11-21.
- ↑ "Olalla Científicas innovadoras". cientificasinnovadoras.fecyt.es. Consultado o 2024-01-20.
- ↑ Gómez, Chus (26/11/2020). "Se puidera facer o meu traballo en Galicia non estaría en Marburg". Diario de Pontevedra.
- ↑ 4,0 4,1 ORCID. "Olalla Vázquez (0000-0002-7555-1865)". orcid.org (en inglés). Consultado o 2020-11-21.
- ↑ "Junior professorship" (en inglés). 2020-07-28.
- ↑ "Vázquez Lab". Philipps-Universität Marburg (en inglés). Consultado o 2020-11-21.
- ↑ "Olalla Vázquez Vázquez Mujeres Científicas". cientificasinnovadoras.fecyt.es. Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2022. Consultado o 2022-11-08.
- ↑ "Olalla Vázquez - OlallaLab" (en inglés). 2018-09-01. Consultado o 2024-01-20.
- ↑ "Olalla Vázquez". scholar.google.es. Consultado o 2020-11-21.
- ↑ Heinrich, Benedikt; Graulich, Nicole; Vázquez, Olalla (2020-05-12). "Spicing Up an Interdisciplinary Chemical Biology Course with the Authentic Big Picture of Epigenetic Research". Journal of Chemical Education (en inglés) 97 (5): 1316–1326. ISSN 0021-9584. doi:10.1021/acs.jchemed.9b00779.
- ↑ Advancement, Research Corporation for Science (2024-07-10). "Cottrell Scholars". Research Corporation for Science Advancement (en inglés). Consultado o 2024-07-19.
- ↑ "Fulbright-Cottrell Workshop 2023". fulbright.de (en alemán). Consultado o 2024-07-19.
- ↑ Matagne, Brieuc. "EFMC Chemical Biology Initiative". www.efmc.info (en inglés). Consultado o 2024-07-19.
- ↑ "DECHEMA Gesellschaft für Chemische Technik und Biotechnologie e.V.". www.dechema.de (en alemán). Consultado o 2024-07-19.
- ↑ "Division of Chemistry in Life Sciences". EuChemS (en inglés). Consultado o 2024-07-19.
- ↑ "A doutoranda Olalla Vázquez acada un dos tres galardóns dos VII Premios de Investigación Lilly". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 2020-11-21.
- ↑ "Premio de investigación da Diputación de Pontevedra para Olalla Vázquez". CiQUS -USC - Universidad de Santiago de Compostela. 2013-11-08. Consultado o 2020-11-21.
- ↑ "Olalla Vázquez". igualdade.xunta.gal. Consultado o 2020-11-21.
- ↑ "Olalla Vázquez recibe el premio Cottrell-Fulbright 2016". CiQUS -USC - Universidad de Santiago de Compostela (en castelán). 2016-03-29. Consultado o 2020-11-21.
- ↑ Redacción (2020-11-20). "A Semana da Ciencia de Pontevedra aposta por un sector sen discriminación nin precariedade". GCiencia. Consultado o 2020-11-21.
- ↑ "Olalla Vázquez, Premio de Biotecnología y Nanotecnología". CiQUS -USC - Universidad de Santiago de Compostela (en castelán). 2019-05-10. Consultado o 2020-11-21.
- ↑ "GEQB Young Group Leader Prize: O. Vázquez / Whistler Award in Carbohydrate Chemistry: Y. Kajihara / Barry Cohen Award: D. Rauh". Angewandte Chemie International Edition 59 (20): 7647–7647. 2020. ISSN 1521-3773. doi:10.1002/anie.202003674.
- ↑ RSEQ, Editoras (2020-04-24). "Concesión de los Premios RSEQ 2020 – RSEQ". RSEQ, Real Sociedad Española de Química (en castelán). Consultado o 2020-11-21.