Saltar ao contido

Olhão

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaOlhão
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 37°01′40″N 7°50′20″O / 37.0278, -7.8389
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Faro Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación45.396 (2011) Editar o valor en Wikidata (346,91 hab./km²)
Xeografía
Superficie130,86 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Día festivo
Identificador descritivo
Código postal8700 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico289 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webcm-olhao.pt Editar o valor en Wikidata

Olhão (oficialmente, Olhão da Restauração), é un municipio e cidade portuguesa da rexión do Algarve (e do seu único distrito de Faro).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello de Olhão foi fundado en 1808.

Limita ao norte e ao leste co municipio de Tavira, ao oeste co de Faro, ao noroeste co de São Brás de Alportel, e ao sueste co océano Atlántico.

O municipio, que comprende unha parte continental e a illa de Armona, na ría Formosa, ocupa unha extensión de 126,82 km².[1]

Segundo o censo de 2001 contaba cunha poboación de 40 808 habitantes,[2] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 322 hab./km².

Historia: a vila de Olhão da Restauração

[editar | editar a fonte]

Despois da revolta dos olhanenses contra os franceses (entre o 16 e o 19 de xuño de 1808), algúns pescadores do lugar de Olhão oferecérose para ir ao Brasil a dar ao futuro Xoán IV de Portugal a noticia da restauración do Reino do Algarve. O Bom Sucesso, como se chamaba a embarcación, chegou ao seu destino o día 22 de setembro de 1808, asombrando ao propio príncipe rexente, que recompensou aos olhanenses con diversos cargos e os condecorou. O 15 de novembro, o mesmo monarca concedia ao lugar de Olhão o nobre título de Vila do Olhão da Restauração (sic), igualándoa ás "vilas máis notábeis do Reino". Deste modo, a pequena aldea, que non tería máis de 5 000 habitantes, conseguiu separarse de Faro e transformarse en concello.[3]

Freguesías

[editar | editar a fonte]
Freguesías do municipio de Olhão

O municipio está subdividido en catro freguesías:[4]

Freguesías do municipio de Olhão
Freguesía Residentes (2011) Residentes (2021)[2]
Moncarapacho e Fuseta 9 635 9 275
Olhão 14 914 14 208
Pechão 3 601 3 886
Quelfes 17 246 17 270
Total 45 396 44 639
  1. Instituto Geográfico Português (2013). "Áreas das freguesias, municípios e distritos/ilhas da CAOP 2013". Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2013. Consultado o 12 de novembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 INE. "Censos 2021 - resultados preliminares". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2021. Consultado o 12de novembro de 2021. 
  3. A revolta da vila de Olhão da Restauração, Chegaram os Franceses! (Extrato de Documentário), por Júlia Fernandes, RTP, 2007.
  4. Lei nº 11-A/2013, de 28 de janeiro: Reorganização administrativa do território das freguesias. Anexo I. Diário da República, 1ª Série, nº 19, Suplemento, de 28/01/2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Francisco Xavier de Ataíde Oliveira (1906): Monografia do Concelho de Olhão da Restauração. (Hai 2 reedicións).
  • Alberto Iria: "O Compromisso Marítimo da vila de Olhão da Restauração (Subsídios para a história das corporações de mareantes e pescadores do Algarve)", en Mensário das Casas do Povo, nº 120.
  • António Rosa Mendes (2008): Olhão fez-se a si próprio. Olhão: Gente Singular Editora.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]