Saltar ao contido

Oliviero Toscani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOliviero Toscani

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de febreiro de 1942 Editar o valor en Wikidata
Milán (Reino de Italia) Editar o valor en Wikidata
Morte13 de xaneiro de 2025 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Cecina (Italia) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteAmiloidose Editar o valor en Wikidata
ResidenciaCasale Marittimo Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Superior das Artes de Zúric Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFotografía, deseño, marca comercial, fotografía publicitaria, fotografía de moda e revista de moda Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfotógrafo, deseñador Editar o valor en Wikidata
Partido políticoRadicais Italianos Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiFedele Toscani Editar o valor en Wikidata
IrmánsMarirosa Toscani Ballo Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webtoscani.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1889373 Facebook: olivierotoscanistudio BNE: XX1166233 Dialnet: 1910065 Discogs: 2253720 Editar o valor en Wikidata

Oliviero Toscani, nado en Milán o 28 de febreiro de 1942 e finado en Cecina o 10 de xaneiro de 2025,[1] foi un fotógrafo italiano, recoñecido principalmente polas súas campañas publicitarias deseñadas para a marca de roupa Benetton, as cales provocaron controversia nas décadas de 1980 e 1990.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou fotografía en Zürich entre 1961 e 1965. Entre 1982 e 2000, Toscani traballou para Benetton, contribuíndo ó crecemento da marca United Colors of Benetton ata ser unha das marcas máis recoñecidas mundialmente.

Unha das súas campañas máis famosas incluía unha fotografía dun enfermo da SIDA agonizando nunha cama de hospital, rodeado da súa familia doente. Outras, incluían alusións ó racismo, a guerra, a relixión e a pena capital. En 1990, Toscani fundou a revista Colors (propiedade de Benetton), xunto co deseñador gráfico Tibor Kalman. Baixo o lema "unha revista sobre o resto do mundo", Colors explotaba o multiculturalismo prevalecente na época, así como as campañas publicitarias de Benetton. A liña editorial era independente da marca de roupa. En 1993, Toscani creou Fabrica, un centro de investigación sobre a arte na comunicación; e encargou o deseño ó arquitecto xaponés Tadao Ando.

En 2005, Toscani levantou polémicas novamente, cando fixo fotografías para a campaña publicitaria da marca de roupa masculina "Ra-Re". Os retratos aludían á homosexualidade masculina, dun modo que afervoou a diversos grupos que debatían os dereitos homosexuais.

Ademais de traballar con Benetton, Toscani foi o deseñador de campañas publicitarias para Esprit, Valentino, Chanel e Fiorucci. As campañas de Toscani gañaron catro veces o premio Lion d'Or no Festival de Cannes. Persoalmente, Toscani recibiu, entre outros premios, o UNESCO Grand Prix, e dúas veces o premio Grand Prix d'Affichage. Tivo exposicións individuais, en orde cronolóxica, nas cidades de Venecia, São Paulo, Milán, cidade de México, Helsinqui, Roma e outras catorce cidades.

  1. "Oliviero Toscani's Conditions Worsen, His Wife: "Road of No Return"". L'Unione Sarda English (en inglés). 12 de xaneiro de 2025. Consultado o 13 de xaneiro de 2025.