Omega (orquestra)
A O.M.E.GA (Orquestra de Música Espontánea de Galicia) é unha orquestra de improvisación libre experimental. Está formada por un colectivo duns vinte artistas, na súa maioría galegos, vencellados ó CNTPS (Centro de Novas Tecnoloxías do Pico Sacro), de Santiago de Compostela.
Características
[editar | editar a fonte]Os seus compoñentes proceden de diferentes campos artísticos. Emiten música totalmente improvisada baixo a dirección xestual de catro dos seus membros, por medio dun sistema de sinais convido previamente no relativo ó ritmo, instrumento, ton, dinámica, tempo, sección, estilo ou silencio.
Entre os elementos sonoros usados, ademais de instrumentos clásicos (violín, violoncello, clarinete, contrabaixo...), a orquestra usa "desde xoguetes a calquera influencia musical ou ruidística, contos para nenos, instrumentos acústicos, música clásica, instrumentos electrónicos analóxicos e dixitais, música contemporánea, free-jazz, textos diversos e referencias a sons do mundo ou música popular de calquera época ou lugar".
Entre os seus membros están:
- Fernando Abreu (clarinete, clarinete baixo)
- Chefa Alonso (saxo soprano, dirección)
- Fito Ares (saxo soprano, frauta traveseira)
- Andrés Castro (sitar)
- Carlos Castro (vibráfono, percusión)
- Isaac Feliú (trombón)
- Xacobe Lamas (violín)
- LAR Legido (batería, dirección)
- Javier López (frautas)
- Bernardo Martínez (saxo alto, clarinete)
- Xacobe Martínez Antelo (contrabaixo)
- María Jesús Mellado "LaChú" (frauta)
- Macarena Montesinos (violoncello)
- María Move (voz, violoncello)
- Nacho Muñoz (teclado)
- Pablo Orza Pérez (voz, obxectos sonoros, dirección)
- Quique Otero Suárez (teclado)
- Marcos Padrón (acordeón)
- María José Pampano López (viola)
- Pablo Pérez (contrabaixo)
- Pablo Rega (baixo, guitarra eléctrica, dirección)
- Mauro Sanín Leira (zanfona)
- David Santos (baixo eléctrico)
- Miguel Seoane: (guitarra eléctrica)
- Xabi Souto (guitarra eléctrica)
- Miguel (trompeta)
- Pablo "Sax" F. Sinde(saxos alto, soprano e tenor)
- Patxi Valera Otero (batería)
- Xesús Valle (computadora, paisaxes sonoras manipuladas)
- Elena Vázquez Ledo (violín)
- Rafa Xaneiro (electrónica)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ron, Xesús e Valera, Patxi (eds.) (2011): De Parto a Omega. 10 anos de improvisación libre. Santiago de Compostela, Grupo Chévere.