Onintza Enbeita
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (eu) Onintza Enbeita Maguregi ![]() 19 de maio de 1979 ![]() Muxika, España ![]() |
![]() | |
12 de xaneiro de 2016 – 3 de maio de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Biscaia Electa en: Eleccións xerais de España de 2015 | |
![]() | |
19 de xuño de 2012 – 27 de outubro de 2015 ← Iñaki Antigüedad (en) ![]() Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Biscaia Electa en: Eleccións Xerais 2011 en España ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade do País Vasco ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | xornalista, política, bertsolari, escritora, poetisa ![]() |
Partido político | Eusko Abertzale Ekintza - Acción Nacionalista Vasca Askatasuna (en) ![]() Amaiur (coalición) Euskal Herria Bildu ![]() |
Xénero artístico | Poesía ![]() |
Profesores | Jon Lopategi (en) ![]() ![]() |
Familia | |
Irmáns | Begoña Enbeita Maguregi ![]() |
Onintza Enbeita Maguregi, nada en Muxika, o 19 de maio de 1979, é unha xornalista, bertsolari e política vasca de ideoloxía independentista vasca.
Biografía
[editar | editar a fonte]Nada na pequena localidade biscaíña de Muxika o 19 de maio de 1979, é licenciada en Xornalismo, cun posgrao en Transmisión Cultural.
Traballou como xornalista en varios medios de comunicación vascos escritos en éuscaro como os xornais Egunkaria, Berria e o suplemento Matraka deste último. Tamén traballou como profesora de éuscaro no Instituto Labayru, unha fundación cultural dedicada á difusión da cultura vasca.
É coñecida principalmente pola súa actividade como bertsolari. Foi finalista en dúas ocasións do Campionato de Biscaia de bertsolaris (5º posto en 2006 e 2008) e en 2009 chegou ás semifinais do Bertsolari txapelketa nagusia, principal competición a nivel de toda Euskal Herria, que se disputa unha vez cada catro anos.
Política
[editar | editar a fonte]Onintza Enbeita pertence á órbita política da esquerda abertzale. Foi apoderada de EHAK nas eleccións ao Parlamento Vasco de 2005 e formou parte de candidaturas de ANV nas eleccións forais e municipais de 2007. Nestas eleccións foi elixida concelleira do municipio de Muxika, ocupando este cargo entre 2007 e 2011. Doutra banda a lista de ANV ás Xuntas Xerais de Biscaia na que se presentaba tamén nesas eleccións, foi anulada pola súa vinculación con Batasuna. En 2009 participou como candidata noutra lista electoral anulada pola súa vinculación con Batasuna, a de Askatasuna que tratou de presentarse ás eleccións ao Parlamento Vasco de 2009.
Enbeita pechou a lista de candidatos de Amaiur ao Congreso por Biscaia nas eleccións xerais de España de 2011. Tras a renuncia de Iñaki Antigüedad ao posto de deputado, foi a elixida por Amaiur para substituír o catedrático no seu posto, para o que os restantes candidatos presentes na lista tiveron que renunciar.[1] Tomou posesión do cargo o 19 de xuño de 2012.[2] Revalidou o seu cargo de deputada por Euskal Herria Bildu nas eleccións xerais de España de 2015.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A deputada que releva a Antigüedad tomará posesión do seu escano o mércores
- ↑ Noticias de Álava
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: País Vasco |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Congreso dos Deputados
- Unha xornalista 'bertsolari' substituirá a Antigüedad no Congreso, Público, 19 de abril de 2012.