Saltar ao contido

Operación Atlas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os tres paracaidistas capturados polas forzas transxordanas.

Operación Atlas[1] foi o nome en clave dunha operación levada a cabo por unha unidade de comando especial das Waffen SS que tivo lugar en outubro de 1944. Participaron cinco soldados: tres dos cales foran membros da seita relixiosa Sociedade dos Templarios no Mandato de Palestina, e dous árabes-palestinos que colaboraban co Gran Muftí de Xerusalén, Amin al-Husseini.[2]

O obxectivo da misión era establecer unha base de intelixencia no Mandato británico de Palestina, que emitira información ata Alemaña, e o recrutamento e distribución de armas entre os palestinos mercando o seu apoio con ouro.[3] Outro dos obxectivos foi fomentar as tensións entre xudeus e árabes, e por tanto crear problemas para as autoridades británicas.

A operación supuxo un fracaso desde o principio debido a que foi descuberta polas autoridades locais debido á deserción do axente da Abwehr Erich Vermehren en febreiro de 1944, a mala administración do lanzamento en paracaídas, e o frío recibimento da presenza alemá entre a poboación local. Finalmente non puido realizarse ningunha acción por parte dos comandos, xa que tres dos participantes foron arrestados polas forzas fronteirizas de Transxordania pouco despois da súa chegada. O comandante alemán foi capturado en 1946 e o árabe Hasan Salama logrou escapar.

Unha teoría sobre esta operación, proposta por Michael Bar-Zohar e Eitan Haber, suxire que a misión incluía un plan para envelenar os depósitos de auga potable dos residentes en Tel Aviv. Porén, os arquivos británicos e alemáns aínda non revelaron nada sobre esta teoría, e os biógrafos do muftí a ignoran.

  1. "The document from the British MI5 archives which covers the details of "Operation Atlas"". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2011. Consultado o 23 de maio de 2018. 
  2. "a summary of the MI5 released files" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de abril de 2014. Consultado o 23 de maio de 2018. 
  3. Rick Fountain, 'Nazis planned Palestine subversion ,' at BBC News 5 de xullo de 2001

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]