Saltar ao contido

Orbital Debris Radar Calibration Sphere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Orbital Debris Radar Calibration Sphere ou ODERACS foi o nome dunha serie de satélites pasivos de diferentes tamaños para calibración de radar.[1][2][1]

Características

[editar | editar a fonte]

Os satélites ODERACS foron liberados en diferentes misións do transbordador espacial Discovery. Tratábase de pequenas esferas de entre 10 e 15 cm de diámetro soltadas en órbita baixa coa finalidade de servir de calibración para os radares de detección de lixo espacial.[1][2]

Foron tres as misións nas que se liberaron satélites ODERACS:[1][2]

  • STS-53, o 2 de decembro de 1992.
  • STS-60, o 3 de febreiro de 1994, liberando ODERACS A a F.
  • STS-63, o 3 de febreiro de 1995, liberando ODERACS 2A a 2F.
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Mark Wade (2023). "ODERACS" (en inglés). Consultado o 28 de agosto de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "ODERACS" (en inglés). Consultado o 28 de agosto de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]