STS-63
STS-63 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-63. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 3 de febreiro de 1995, 5:22 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6] |
Duración da misión | 8,27 días[6] |
Obxectivo da misión | Despregue de varios obxectivos ODERACS para radar, observacións astronómicas coa plataforma SPARTAN-204, aproximación á estación espacial Mir.[3][6] |
Regreso | 11 de febreiro de 1995[6] |
Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
NSSDC ID | 1995-004A |
STS-63 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 3 de febreiro de 1995 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]STS-63, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para facer varios experimentos a bordo, realizar observacións astronómicas e practicar aproximacións á estación espacial Mir de cara a futuros acoplamentos entre transbordadores e a estación. A tripulación estaba formada polo comandante James D. Wetherbee, a piloto Eileen M. Collins e os especialistas de misión C. Michael Foale, Janice E. Voss, Bernard A. Harris e Vladimir G. Titov.[3][5][6][7]
A máxima aproximación entre o Discovery e a Mir foi de algo máis de 10 metros. A comunicación por radio entre o transbordador e a estación estableceuse moito antes, con Titov (que habitou a estación durante un ano) podéndose comunicar cos tres cosmonautas de a bordo, Alexander Viktorenko, Elena Kondakova e Valeri Poliakov. Na STS-63 voou a primeira muller piloto do transbordador e durante a misión tivo lugar o primeiro paseo espacial dun afroamericano. A bordo tamén ía o segundo astronauta ruso en viaxar nun transbordador estadounidense. A tripulación liberou o observatorio SPARTAN-204 para facer observacións no ultravioleta e posteriormente recuperalo e traballou no laboratorio Spacehab 3, situado na bodega de carga e con 20 experimentos a bordo. Tamén liberaron seis esferas do experimento ODERACS-II para axudar na calibración de radares terrestres e caracterizar o comportamento da lixo espacial de tamaño menor a dez centímetros.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 11 de febreiro de 1995.[3][5][6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 63" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 18 July 1995 from the Alternate Permanent Representative of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (95-56290T). 25 de xullo de 1995: 10. Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 63" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-63" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-63" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 NASA (30 de decembro de 2011). "STS-63" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-63 |