Ordinary Corrupt Human Love
Ordinary Corrupt Human Love | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Deafheaven | ||||
Publicado | 13 de xullo de 2018 | |||
Gravación | febreiro de 2018 | |||
Estudio(s) | 25th Street Recording | |||
Duración | 61:36 | |||
Xénero(s) | blackgaze, post-metal | |||
Selo(s) | Anti- | |||
Producido por | Jack Shirley, Chelsea Wolfe, Ben Chisholm | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Ordinary Corrupt Human Love é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de post-metal Deafheaven, publicado o 13 de xullo de 2018 a través do selo Anti-.[1] O título do disco está inspirado na novela de Graham Greene de 1951 The End of the Affair.[2]
Lanzamento e promoción[editar | editar a fonte]
O 30 de xaneiro de 2018 Deafheaven publicou nas redes sociais unha fotografía dos membros da banda gravando nun estudio, e posteriormente confirmou a Pitchfork que estaban traballando nun novo álbum en 25th Street Recording en Oakland, California co produtor Jack Shirley.[3] O grupo publicou o sinxelo principal do álbum, "Honeycomb", o 18 de abril, e anunciou o disco e a súa xira de acompañamento no día seguinte.[2] O segundo sinxelo, "Canary Yellow", apareceu o 12 de xuño.[4] O álbum estivo dispoñible para streaming en exclusiva na NPR o 5 de xullo,[5] antes de ser oficialmente publicado o 13 de xullo en CD, vinilo, como descarga dixital e en servizos de streaming a través de Anti-.[6]
Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "You Without End" | 7:36 |
2. | "Honeycomb" | 11:04 |
3. | "Canary Yellow" | 12:17 |
4. | "Near" | 5:28 |
5. | "Glint" | 10:57 |
6. | "Night People" | 4:07 |
7. | "Worthless Animal" | 10:07 |
Notas
- "You Without End" conta con palabras faladas de Nadia Kury, collidas de estractos da historia curta Black and Borax de Tom McElravey.
- "Night People" conta con voces adicionais e produción de Chelsea Wolfe e Ben Chisholm.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Ordinary Corrupt Human Love by Deafheaven" (en inglés). Consultado o 2019-01-31.
- ↑ 2,0 2,1 Nast, Condé. "Deafheaven Announce Tour, New Album Ordinary Corrupt Human Love". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-01-31.
- ↑ "Deafheaven Ready New Album for 2018 Release". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-01-31.
- ↑ "Canary Yellow - Single by Deafheaven on iTunes" (en inglés). Consultado o 2019-01-31.
- ↑ "Deafheaven's 'Ordinary Corrupt Human Love' Inspires Outrage And Obsession". NPR.org (en inglés). Consultado o 2019-01-31.
- ↑ "Deafheaven - Ordinary Corrupt Human Love". deafheaven.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2021. Consultado o 2019-01-31.