Orquídea piramidal
Orquídea piramidal | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
''Anacamptis pyramidalis'' (L.) Rich. (1817) |
A orquídea piramidal, Anacamptis pyramidalis,[1] (L.) Rich. (1817) é unha especie de orquídea do xénero Anacamptis, que están estreitamente relacionadas co xénero Orchis. Distribúense por Europa Central e do Sur. Son de hábitos terrestres e teñen tubérculos.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Esta orquídea require un lugar asollado e crece sobre diversos tipos de chan: limos ou arxilas e máis raramente en chans arenosos. Tamén pode crecer en terreos moi alcalinos. Atópase en piñeirais, matogueiras e prados de Europa central e do sur.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha planta perenne e resistente que crece até uns 30 cm de altura, tendo en conta a inflorescencia. As follas son oblongas duns 5 cm e crecen desde os tubérculos subterráneos que son redondos e cun tamaño máximo de 6 cm. A cor da flor varía desde o rosa ao lila, e raramente ao branco. O seu cheiro é forte e rancio. A forma compacta e piramidal da inflorescencia é moi característica desta especie e dá lugar ao seu nome común. As flores son polinizadas por bolboretas e avelaíñas.
Usos medicinais
[editar | editar a fonte]A fariña dos seus tubérculos chámase salep é moi nutritiva e demulcente. Úsase en dietas especiais de convalecentes e nenos. É moi rica en mucílago e forma unha demulcente e suave xelatina que se usa para a canle gastrointestinal irritada. Unha parte de fariña con cincuenta partes de auga son suficientes para formar a xelatina. O tubérculo para preparar a fariña debe ser colleitado cando a planta está recentemente seca despois da floración e cando soltou as sementes.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Anacamptis pyramidalis foi descrita por (L.) Rich. e publicada en Mémoires du Muséum d'Histoire Naturelle 4: 55. 1818.[2]
Anacamptis: nome xenérico que deriva da palabra grega ανακάμτειν 'anakamptein', que significa 'dobrado cara a adiante'.
pyramidalis: epíteto latino que se refire á forma piramidal da súa inflorescencia.[3]
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Guía das orquídeas de Galicia. Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións
- ↑ Anacamptis pyramidalis en Trópicos
- ↑ En Nombres botánicos
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Leroy-Terquem, Gerald and Jean Parisot. Orchids: Care and Cultivation. Londres: Cassel Publishers Ltd., 1991.
- Schoser, Gustav. Orchid Growing Basics. Nova York: Sterling Publishing Co., Inc., 1993.
- White, Judy. Taylor’s Guide to Orchids. Frances Tenenbaum, Series Editor. Nova York: Houghton-Mifflin, 1996.
- Alec Pridgeon. The Illustrated Encyclopedia of Orchids. Publicado por Timber Press.
- Bechtel, Cribb and Launert. The Manual Of Cultivated Orchid Species. Publicado por The MIT Press.
- Williams, N. H. A reconsideration of Ada and the glumaceous brassias. Brittonia 24: 93–110, 1972.