Saltar ao contido

Os Brazões

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os Brazões
OrixeRio de Janeiro, Brasil
Período1962 - 1977
Xénero(s)rock psicodélico, tropicalismo
Selo(s) discográfico(s)RGE Discos, Som Livre
MembrosMiguel de Deus, Eduardo "Edu" Rocha, Roberto, Taco e Mandrake
Antigos membrosSérgio Bandeyra: guitarra elétrica e voz, Luís Carlos: batería, Francisco: batería Gastão: percusión Clarita:coros, Walkíria: coros.
Na rede
Musicbrainz: 0c47014d-db1d-4582-8d99-5a91b85f2649 Editar o valor en Wikidata

Os Brazões foi unha banda brasileira da tendencia do rock psicodélico con fusións de samba e R&B con letras en portugués, guitarras saturadas e moito uso dos efectos de sintetizador, formada orixinalmente en Rio de Janeiro como banda de apoio a outros artistas como Gal Costa e Tom Zé aínda que nunca chegaron a gravar con eles en estudo. Os cinco membros orixinais só se daban a coñecer polos alcumes, o membro máis famoso dos cinco era Miguel de Deus, que despois gravou discos en solitario e montou outros grupos da escea alternativa do Brasil. Gravou o moi demandado LP 'Black Soul Brothers' en 1977, que se converteu nun disco referenciado no movemento 'Black Rio'.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O único disco do grupo, homónimo, foi lanzado orixinalmente no selo RGE, en 1969. A formación que gravou o disco estaba formada por Miguel de Dios á guitarra rítmica, Eduardo "Edu" Roca á batería e percusión, Roberto á guitarra principal, Taco no contrabaixo e Mandrake na percusión. Pola banda tamén pasarían máis: Sergio Bandeyra á guitarra e voz, Paulinho Augusto á guitarra, Roberto ao órgano, Luis Carlos á batería e percusión, Francisco á batería e percusión, Gastón á percusión, Clarita aos coros e WALKIRIA aos coros. O disco presenta unha mestura de ritmos rexionais e experimentación, o grupo focalízase na percusión en ritmos rexionais do país.

En 1969, o mesmo ano en que Caetano Veloso e Gilberto Gil foron detidos e enviados ao exilio, o ditador militar Emílio Garrastazu Médici tomou o control político, en plena ditadura militar, e instaurou a pena de morte. Os Brazões compuxeron as súas letras referenciando esta polémica xustapostas con estándares brasileiros da resistencia política como en "Volkswagen Blue" e "Carolina, Carol Bela".

Os Brazões - RGE Discos, 1969

[editar | editar a fonte]

Cancións

[editar | editar a fonte]
  • "Pega a Voga, Cabeludo"
  • "Canastra Real"
  • "Módulo Lunar"
  • "Volksvolkswagen Blue"
  • "Tão Longe de Mim"
  • "Carolina, Carol Bela"
  • "Feitiço"
  • "Planador"
  • "Espiral"
  • "Gothan City"
  • "Momento B8"
  • "Que Maravilha"


  1. "Os Brazões - Os Brazões (1969)". delicias-psicodelicas.blogspot.com. Consultado o 21-09-2024. .

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]