Os Teletubbies
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Os Teletubbies | |
---|---|
Formato | Serie infantil |
Creado por | Anne Wood Andrew Davenport |
Intérpretes | Dave Thompson Mark Heenehan Simon Shelton John Simmit Nikky Smedley Pui Fan Lee |
Tema de apertura | Teletubbies say "Eh-oh!" |
País de orixe | Reino Unido |
Episodios | 365 |
Produción | |
Produtor(es) | Ragdoll Productions para BBC Television |
Duración | 25 minutos por episodio |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | BBC |
Primeiro episodio | 31 de marzo de 1997 |
Derradeiro episodio | 5 de xaneiro de 2001 |
Na rede | |
https://www.teletubbies.com/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os Teletubbies é unha serie infantil de televisión da BBC especialmente dirixida aos nenos dun a catro anos. Emitiuse orixinalmente de 1997 a 2001 e en total producíronse 365 episodios de 25 minutos. Na versión orixinal o narrador era Tim Whitnall e deseguida o programa se converteu nun éxito comercial e de crítica no Reino Unido e noutros países, polos valores que intentaba transmitir.
Os Teletubbies son catro: Tinky Winky, Dipsy, Laa-Laa, e Po. Outros personaxes que aparecen na serie son Nu-nu, unha aspiradora con vida propia, o Sol representado pola cara dun neno e unha voz en off que sae dun dos tubos da Terra.
Controversias Twinky Winky
Tinky Winky foi mascota para un movemento de extrema esquerda que se consideraba humanista nos Estados Unidos. A inocencia e tenrura que representa o personaxe fixo que os líderes do partido o escollesen como a súa mascota, co slogan «Think Wink», unha deformación de "Tinky Winky". O obxectivo era sensibilizar a xente contra a rixidez dos partidos de dereita.
Dende 1999, unha controversia cre que dous dos Teletubbies teñen tendencias homosexuais ao ver as femias e os machos inseparables.
En Polonia, o semanal Wprost ( edición do 28 de maio de 2007) cuestionou a Ewa Sowińska, portavoz da Oficina do goberno para a protección dos nenos, cunha pregunta deliberadamente provocadora:
Pensa vostede que a homosexualidade é tamén difundida nesta forma oculta? [é dicir que a presenza casual de personaxes gais en programas para nenos, levase mensaxe de xeito oculto]
. Sowinska dixo que non viu esa proba, pero que o mellor era ter testemuña dun psicólogo sobre o tema.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Os Teletubbies |