Os crimes da rúa Morgue
Aparencia
Os crimes da rúa Morgue | |
---|---|
Título orixinal | The Murders in the Rue Morgue |
Autor/a | Edgar A. Poe |
Ilustrador/a | Fino Lorenzo |
Orixe | Estados Unidos de América |
Lingua | inglés |
Colección | Biblioteca Edgar A. Poe (nº 1) |
Xénero(s) | relato detectivesco |
Editorial | Edicións do Cumio |
Data de pub. | febreiro 2009 |
Formato | 13,5 x 19 cm. edición rústica con lapelas cosida a fío |
Páxinas | 92 |
ISBN | ISBN 978-84-8289-296-2 |
Tradución | Susana Rodríguez Barcia |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os crimes na rúa Morgue é un relato de Edgar Allan Poe, publicado en 1841.
Está encadrado nos casos de Monsieur Dupin, considerados como os primeiros relatos de misterio da literatura. Desenvolve aquí os elementos típicos da novela de misterio: un investigador de dotes excepcionais e o relato das súas aventuras a través dun compañeiro de residencia. Dupin constitúe un paradigma, desenvolvido despois en Sherlock Holmes.
Neste caso, Dupin debe resolver a estraña morte de dúas mulleres, unha nai e a súa filla, aparecidas mortas no seu domicilio de París.