Oschersleben
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Saxonia-Anhalt - Sachsen-Anhalt | ||||
Rural district of Saxony-Anhalt (en) | Börde (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 19.885 (2023) (105,26 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 188,92 km² | ||||
Bañado por | Bode | ||||
Altitude | 85 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 39387 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 039407, 039408 e 03949 | ||||
Sitio web | oscherslebenbode.de | ||||
Oschersleben é unha cidade alemá do Landkreis (Distrito rural) de Börde, no Land de Saxonia-Anhalt.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O municipio, situado a 85 msnm, a 35 km ao suroeste de Magdeburgo, na fértil chaira do Magdeburger Börde, regada polo río Bode, ocupa unha superficie de 165,53 km2.
No censo de 2020 tiña unha poboación de 19 396 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 100 hab./km2.
Oschersleben é a estación ferroviaria máis importante da liña Magdeburgo-Halberstadt-Thale.
A cidade é coñecida pola presenza do circuíto de velocidade Motorsport Arena Oschersleben, construído no solar dunha antiga fábrica aeronáutica, no que cada ano se celebran competicións nacionais e internacionais, como a Fórmula 2, o DTM, a FIA GT, o Campionato do Mundo de Turismos e o Campionato do Mundo de Superbike.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bevölkerung der Gemeinden – Stand: 31. Dezember 2020" (PDF) Arquivado 09 de xullo de 2021 en Wayback Machine.. Statistisches Landesamt Sachsen-Anhalt. Consultado o 3 de marzo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oschersleben |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en alemán).