Osimo
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión | Marche | ||||
Provincias | Provincia de Ancona | ||||
Capital | Osimo | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 34.687 (2023) (324,97 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 106,74 km² | ||||
Altitude | 265 m | ||||
Comparte fronteira con | Ancona Filottrano (pt) Offagna (pt) Camerano (pt) Santa Maria Nuova Montefano (pt) Polverigi (pt) Castelfidardo (pt) Recanati (pt) | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 60027 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 071 | ||||
Identificador ISTAT | 042034 | ||||
Código catastral italiano | G157 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | comune.osimo.an.it |
Osimo é unha cidade e comune italiana da provincia de Ancona, rexión das Marcas, que en 2009 tiña unha poboación de 32 798 habitantes.[1]
A cidade é sede dunha arquidiocese.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situación
[editar | editar a fonte]Situada ao sueste de Ancona, Osimo esténdese sobre un terreo montañoso. O seu casco antigo levántase sobre dous outeiros, no máis alto dos cal destaca a Catedral da cidade. O val entre os dous outeiros, nun tempo visíbel na cidade vella, aparece hoxe achairado. A terra é moi fértil e propicia para a agricultura.
A pouca distancia encóntrase a costa do Adriático, con Portonovo e as comunas de Sirolo e Numana. As estacións de esquí máis próximas encóntrase a uns 100 km, na comuna de Ussita, da provincia de Macerata.
Clima
[editar | editar a fonte]O clima de Osimo é o típico do Adriático medio italiano, que é de transición entre o clima mediterráneo e o clima continental. A chuvia é bastante regular, pero non demasiado abundante (entre 650 e 700 mm anuais), cun pico na fin do verán e no outono. A zona de Osimo é menos chuviosa que a da cidade de Ancona ou a dos municipios que se encontran ao norte da capital, probabelmente debido á sombra pluviométrica causada polo monte Conero, que se encontra a cerca de dez quilómetros.
Os invernos son xeralmente fríos e húmidos, con chuvias e néboas bastante frecuentes. A neve é rara, aínda que ás veces pode caer abundante: entre as nevaradas importantes nos últimos anos estacan a de xaneiro de 2005 (con capas de enve de polo menos 50 cm) e, sobre todo, a de febreiro 2012, cando a capa de neve superou o metro de altura durante uns 10 días de precipitacións continuas.
Os veráns son xeralmente cálidos e húmidos, dominados pola brisa mariña desde o L-S/L e ás veces con temporais violentos. Un vento característico da zona (como en todo o Ariático medio) é o Garbino, que vén do O-S/O e causa unha drástica diminución da humidade (efecto Föhn). Cando este vento sopra en verán poen alcanzase temperaturas de até 40 °C.
Demografía
[editar | editar a fonte]Evolución demográfica de Osimo.[2] |
---|
1861 - 16 359 habitantes |
1871 - 17 234 hab. |
1881 - 17 307 hab. |
1901 - 18 475 hab. |
1911 - 18 616 hab. |
1921 - 19 803 hab. |
1931 - 20 582 hab. |
1936 - 21 821 hab. |
1951 - 22 782 hab. |
1961 - 23 170 hab. |
1971 - 23 877 hab. |
1981 - 26 109 hab. |
1991 - 27 938 hab. |
2001 - 29 431 hab. |
2009 - 32 798 hab. |
Historia
[editar | editar a fonte]Prehistoria
[editar | editar a fonte]Os restos arqueolóxicos máis antigos testemuñan que Osimo asentábase no val inferior do río Musone e do seu afluente o Fiumicelo. Trátanse de numerosos obxectos de pedernal traballado, xunto con ósos de animais e cornos de cervos, que datan do paleolítico (de 40 000 12 000 anos atrás).
Idade Antiga
[editar | editar a fonte]No século IX a.C. no outeiro de Osimo e na cumio do monte de San Pietro establecéronse os picenos, que deron lugar a dous asentamentos establecementos coas sus necrópoles.
Coa batalla de Sentium (hoxe Sassoferrato) de 295 a.C., os romanos comezaron a conquista dos picenos, inclíndo Osimo (Auximum). No ano 174 a.C. temos a testemuña, a través do historiador Tito Livio, que os censores Q. Fulvius Flaccus e A. Postumius Albinus, contrataron a construción das murallas e decidiron a edificación de tabernae (comercios) ao redor do foro. Considerando a inexpugnabilidade da cidade e a súa situación no centro da área picena, os romanos decidiron ademais, no ano 157 a.C., instituíron como unha colonia, inscribindo os cidadáns na tribo Velina. Os seus principais eixes viarios coinciden co trazado das rúas modernas da cidade. Fóra da cidade, máis alá das súas murallas, son visíbeis os restos da Fonte Magna, así chamada porque tradicionalmente era atribuída a Cneo Pompeio Magno, ou quizais polo seu tamaño. Consérvase parte da ábsida do fondo e un dos muros frontais.[3]
Idade Media
[editar | editar a fonte]Na época altomedieval, a cidade continou sendo de grande importancia dentro do Piceno. O seu papel estratéxico púxose en evidencia no feito de que houbo algúns momentos importantes da guerra chamada "greco-gótica" (535-553), que foi parte da complexa campaña militar a través da cal o emperador romano de Oriente Xustiniano quixo reafirmar a presenza imperial no Mediterráneo occidental. En 727-728, a cidade foi conquistada polos longobardos guiados polo rei Liutprando, que creou, xunto con Ancona, dous ducados dependentes directamente del, que foron puntos neurálxicos para o control dos obxectivos expansionistas do duque de Spoleto.
No ano 774 o rei longobardo Desiderio ameazou o papa Hadrián I, que solicitou axuda do rei franco Carlomagno, quen derrotou os inimigo e anexionou o territorio longobardo ao reino Franco, mantendo tamén a promesa de seu pai Pipino, de entregar o Exarcado e a Pentápole (en cuxo interior estaba Osimo) ao papa, territorios que máis tarde formarían o núcleo dos nacentes Estados da Igrexa.
A principios do século XII a cidade foi unha das primeiras en converterse nunha comuna libre, adquirindo grande importancia dentro das Marcas: durante o longo período de loitas entre güelfos e xibelinos, Osimo a miúdo aliñouse no bando destes últimos, xesto que pagou caro xa que perdeu a cadeira bispal dúas veces: a primeira a mediados do século XIII e a segunda na primeira metade do século XIV. Tras a revolta dos irmáns Lippaccio e Andrea Gozzolini, tamén se privou a Osimo do título de cidade. Isto debilitou moito a Osimo, que sufiu un longo período de inestabilidade durante o cal foi sometida ao dominio de señores estranxeiros: os Malatesta de Rimini (1399-1430), enviados directamente polo Papa e, a continuación, o condotiero Francesco Sforza (1433-1443), enviado por Filippo Maria Visconti, duque de Milán, para debilitar o poder do papa. Durante os anos 1486 e 1487 a cidade foi tomada polo capitán aventureiro (mercenario) Boccolino di Guzzone, que a tivo que ceder despois ás tropas aliadas do papa.
Idade Moderna
[editar | editar a fonte]Contra 1500, a cidade integrouse xa definitivamente nos Estados Pontificios, gozando dun longo período de paz e prosperidade que deixou moitas pegadas, como os marabillosos palacios que adornan o centro histórico da cidade. Foi tamén un florecente centro cultural, grazas á creación do Collegio Campana, que atraeu a profesorws e estudantes distinguidos, moitos dos cales chegaron a seren famosos, como os papas León XII e Pío VIII.
Idade Contemporánea
[editar | editar a fonte]Durante a ocupación napoleónica, Osimo foi sometida polos franceses e pasou a formar parte do departamento do Musone, que tivo unha exitencia breve e foi restaurado polo goberno pontificio.
Máis tarde, moitos dos seus habitantes, dirixidos polo conde Francesco Fiorenzi, tomaron as armas e loitaron pola independencia de Italia na famosa batalla de Castelfidardo (18 de setembro de 1860).
Despois do bombardeo de Ancona de outubro de 1943, Osimo asumiu o papel de capital da rexión e todas as oficinas estatais de goberno foron trasladadas á cidade até a súa capitulación. Osimo foi liberado polos partisanos da 5ª división Garibaldi Marcas o 6 de xullo de 1944, pero dura batalla do Musone durou até o 18 de xullo. Segundo o xeneral polaco Anders, a batalla que produciu na campaña entre Osimo e Filottrano foi a máis cruenta para o exército polaco despois da de Montecassino. A desfeita da liña defensiva alemá "Edith" ao longo do río Musone permitiu a ocupación do porto de Ancona, feito que acelerou o asalto á Liña Gótica, á que a encontrou desprevida.
O 10 de novembro de 1975 asinouse na cidade o chamado tratado de Osimo, que sancionou a transferencia da Zona B do ex Territorio Libre de Trieste, é dicir, o noroeste de Istria a Iugoslavia; hoxe a zona pertence, unha parte, a Eslovenia, e a outra a Croacia.
O 16 de setembro de 2006 Osimo e algunhas comunas linítrofes, en particular as vilas de Aspio e Osimo Stazione, foron asoladas por unha inundación que causou grandes danos ás industrias do lugar.[4]
En 2014 Osimo foi a sede da exposición "de Rubens a Maratta", comisariada por Vittorio Sgarbi.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Situación da comuna de Osimo na provincia de Ancona
-
Mapa de Osimo
-
Catedral de Osimo
-
Igrexa de S. Filipe de Osimo
-
Basílica de S. Giuseppe da Copertino
-
Palazzo Campana
-
Palazzo Gallo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Datos proporcionados polo Istituto Nazionale di Statistica (ISTAT).
- ↑ Fonte ISTAT.
- ↑ VV. AA: (1990). Los grandes descubrimientos de la arqueología, tomo VII. Barcelona: Planeta-De Agostini. p. 255. ISBN 978-84-395-0690-2.
- ↑ Aluvións na rexión das Marcas (en italiano).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Osimo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Grillantini, Carlo (2006): Storia di Osimo, 4ª edic. Loreto, Fondazione Don Carlo
- Morroni, Massimo (2012): Osimo durante la guerra gotica (538-553). Osimo.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial de Osimo (en italiano).
- Osimo Turismo (en italiano).
- Auximum (mod. Osimo) na Encyclopædia Britannica, 1911 (en inglés).