Oskar Schlemmer
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de setembro de 1888 ![]() Stuttgart ![]() |
Morte | 13 de abril de 1943 ![]() Baden-Baden ![]() |
Lugar de sepultura | Waldfriedhof Stuttgart (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemaña nazi (1933–1943) República de Weimar (1918–1933) Imperio Alemán (1888–1918) ![]() |
Educación | State Academy of Fine Arts Stuttgart (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura ![]() |
Ocupación | profesor universitario (1920–1928), fotógrafo , deseñador , artista gráfico , escenógrafo , escultor , monicrequeiro , libretista , pintor , diseñador de vestuario ![]() |
Empregador | Bauhaus (1920–1928) Eugeniusz Geppert Academy of Fine Arts (en) ![]() ![]() |
Movemento | Bauhaus ![]() |
Profesores | Christian Adam Landenberger (pt) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua alemá ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial ![]() |
Participou en | |
28 de xuño de 1964 | Documenta III (en) ![]() |
11 de xullo de 1959 | Documenta II (en) ![]() |
16 de xullo de 1955 | documenta (en) ![]() |
19 de xullo de 1937 | Degenerate Art Exhibition (en) ![]() ![]() |
Familia![]() | |
Fillos | Karin Schlemmer (pt) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/48/Oskar_Schlemmer_-_Bauhaustreppe_1932.jpg/250px-Oskar_Schlemmer_-_Bauhaustreppe_1932.jpg)
Oskar Schlemmer, nado en Stuttgart o 4 de setembro de 1888 e finado en Baden-Baden o 13 de abril de 1943, foi un pintor, escultor e deseñador alemán relacionado coa Escola da Bauhaus.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado en Stuttgart, tivo unha formación en marquetaría. Entrou na Bauhaus de Weimar en 1920. Traballou durante algún tempo no obradoiro de escultura mural e, despois, no de escultura. A súa obra máis famosa é «Triadisches Ballett» (1922), no que os actores aparecen disfrazados de formas xeométricas. Igualmente en Slat Dance e Treppenwitz, o vestiario dos intérpretes fai deles esculturas vivas, coma se fosen parte do escenario. Tamén para o eido da danza fixo o vestiario de "Blonde Marie" con Trudi Schoop en 1938.[1]
En 1923, foi contratado como mestre do obradoiro de teatro. Cando a Bauhaus se trasladou a Dessau, creou teatros de ensaio.
As súas cartas privadas, especialmente as dirixidas a Otto Meyer e Willi Baumeister, e o seu diario persoal deron valiosas referencias do que ocorría na Bauhaus. Especialmente, fala de como o persoal e os estudantes reaccionaban ós moitos cambios e desenvolvementos que ocorrían na escola.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- VV.AA.: Los maestros de la pintura occidental, volumen II, Taschen, 2005. ISBN 3-8228-4744-5