Oswald de Anglia Oriental
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IX |
Morte | século IX |
Rei de Anglia Oriental | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Oswald foi rei de Anglia Oriental na década de 870 tras a morte de Edmund o Mártir. Non se coñece evidencia textual ningunha do seu reinado, pero coñécense algunhas das súas moedas deste período.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A evidencia suxire que durante o período entre a morte de Edmund o Mártir e o regreso de Guthrum en 880, Oswald e Æthelred gobernaron os anglos orientais como reis clientes. É posíbel que a nobreza angla oriental fose case, pero non enteiramente, extinguida polos ataques viquingos que remataron coa morte de Edmund, e que nos anos nos que Oswald, Æthelred e Guthrum sucesivamente gobernaron o reino, houbo un período de oposición ou desafío contra o liderado danés[1]. Os viquingos gobernaron os anglos orientais desde o acceso de Oswald, até 920, cando Anglia Oriental foi incorporada ao reino de Inglaterra tras a derrota do daneses por Edward o Vello[2].
Moedas
[editar | editar a fonte]A existencia de Oswald só se coñece polas súas moedas[3].
Durante o período dos ataques viquingos en Anglia Oriental usáronse moedas e lingotes de prata e os viquingos continuaron a tradición anglosaxoa de producir peniques de prata, aínda que de maneira reducida. Coñécense oito moedas dos reinados de Æthelred e Oswald, mentres que se sabe que os moedeiros de Edmund, o predecesor de Oswald fixeron sobre duascentas [4].
Atopáronse unhas poucas moedas que portaban o nome de Oswald no Cuerdale Hoard. As moedas poden ser datadas desde o 870 ao 900, seguindo a morte de Edmund o Mártir. Unha das moedas, producido por un moedeiro cuxo nome empeza por Beor..., é do tipo de templo: outra ten unha alfa, un deseño común en Anglia Oriental[5].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pestell, Landscapes of Monastic Foundation, pp. 78-79.
- ↑ Bates, D. and Liddiard, R., East Anglia and its North World in the Middle Ages, pp. 83-84.
- ↑ Bates, D. and Liddiard, R., East Anglia and its North World in the Middle Ages, p. 137.
- ↑ Bates, D. and Liddiard, R., East Anglia and its North World in the Middle Ages, p. 149.
- ↑ Grierson and Blackburn, Mediaeval Coinage Vol. 1, p. 294.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Blackburn, Mark; Grierson, Philip (1986). Mediaeval European Coinage: Volume 1 The Early Middle Ages (5th-10th Centuries). Cambridge: Cambridge University Press.
- Pestell, Tim (2004). Landscapes of Monastic Foundation: The Establishment of Religious Houses c.650-1200. Woodbridge: Boydell Press. ISBN 1 84383 062 0.