Ceolwulf I de Mercia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VIII ![]() |
Morte | 823 ![]() |
Rei de Kent | |
821 (Gregoriano) – 823 (Gregoriano) ← Coenwulf de Mercia – Baldred de Kent → | |
Rei de Mercia | |
821 – 823 ← Coenwulf de Mercia – Beornwulf de Mercia → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | monarca ![]() |
Familia | |
Fillos | Ælfflæd of Mercia ![]() |
Pai | Cuthberht of Mercia ![]() |
Irmáns | Cuthred de Kent Coenwulf de Mercia ![]() |
![]() |
Ceolwulf foi un rei de Mercia, Anglia Oriental e Kent, entre 821 e 823. Era irmán de Cœnwulf, o seu predecesor, e foi deposto por Beornwulf.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Guillerme de Malmesbury declarou que, despois de Coenwulf: "o reino dos mercianos en declive, e se podo utilizar a expresión, case inerte, non produciu nada digno de conmemoración histórica". De feito, Mercia tivo un momento de gloria do que Guillerme non foi consciente. Indicando o ano 822, os ‘Annales Cambriae' rexistran: "A fortaleza de Degannwy (en Gwynedd) foi destruída polos saxóns e eles tomaron o reino de Powys baixo o seu mando".
Un diploma posterior describe unha situación turbulenta durante o reinado de Ceolwulf: "Despois da morte de Coenwulf, rei dos mercianos, producíronse moitos desacordos e innumerábeis disputas entre persoas principais de toda clase – reis, bispos, e ministros das igrexas de Deus- acerca de todo tipo de asuntos seculares". En 823, nalgún momento despois do 26 de maio, en cuxa data concedeu terreos ao arcebispo Wulfred a cambio dun barco de ouro e prata, Ceolwulf foi derrocado e substituído por Beornwulf, cuxa ascendencia nos é descoñecida.
Ceolwulf gobernara Kent directamente – nos seus dous diplomas aparece mencionado como ‘rei dos mercianos e dos homes de Kent'. Beornwulf colocaría un parente seu, Baldred, no trono de Kent.