Reino de Kent
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Canterbury | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | inglés antigo | ||||
Relixión | paganismo anglo-saxão (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 450 | ||||
Disolución | 871 (Gregoriano) | ||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | Witenagemot , | ||||
O Reino de Kent (Cantaware Rīce en inglés antigo e Regnum Cantuariorum en latín) foi o primeiro reino en ser creado polos invasores xermánicos, en concreto os xutos, na illa de Gran Bretaña que chegaron á illa trala retirada romana, no século V, cousa que fixo que se convertese en relativamente poderoso no primeiro período anglosaxón.
Foi un dos sete reinos tradicionais anglosaxóns coñecidos como Heptarquía anglosaxoa, pero a partir do século VIII perdeu a súa independencia ao converterse en vasalo do Reino de Mercia e máis tarde do Reino de Wessex. A partir do século X pasou a formar parte do Reino de Inglaterra, creado baixo o liderado de Wessex. O nome é actualmente conservado polo condado inglés de Kent.
Historia
[editar | editar a fonte]O reino foi creado por Hengest, un suposto rei lendario.[1] Kent parece que tivo un gran poder a principios do século VII con Ethelbert, que foi recoñecido como bretwalda. Foi o primeiro soberano anglosaxón en aceptar o cristianismo e o primeiro en introducir un código escrito de leis. Despois del, porén, o poderío de Kent comezou a declinar e a partir da metade do século semella que estivo dominado por reinos anglosaxóns máis fortes.
No 686 Kent foi conquistado por Caedwalla de Wessex, que puxo no trono ao seu irmán Mul. A este matárono nunha revolta, pero Caedwalla invadiu de novo o reino e devastouno.
Neste momento Kent caeu nun estado de desorde. Os de Mercia puxeron no trono un rei monicreque, Oswine, que, con todo, semella que só reinou dous anos, despois dos cales tomou o poder Wihtred. Este empeñouse en reconstruír o reino e no 694 fixo a paz con Wessex, pagando un resarcimento polo asasinato de Mul.
A historia de Kent posterior á morte de Wihtred no 725 é fragmentaria e cada vez máis escura. Durante os corenta anos que seguiron, dous ou mesmo tres soberanos reinaron ao mesmo tempo.
Esta especie de división podería ter sido a que fixo de Kent o primeiro obxectivo do crecente poder de Offa de Mercia, que no 764 conseguiu a supremacía sobre Kent, á fronte do cal puxo soberanos monicreques.
Semella que desde principios dos anos setenta do século VIII Offa tentara reinar directamente sobre Kent, provocando unha rebelión. Produciuse unha batalla, en Otford (776), e malia non coñecermos o resultado, as circunstancias dos anos posteriores suxiren que os que venceron foron os rebeldes de Kent: Ecgberht II e despois Ealhmund semellan ter reinado de maneira independente de Offa durante case unha década. Este estado de cousas, porén, non durou moito e Offa estableceu solidamente a súa autoridade sobre Kent no 785, sobre o cal Mercia reinou directamente ata o 796.
Tras a morte de Offa, vista a momentánea febleza de Mercia, en Kent estopou unha rebelión: Eadbert II Praen subiu temporalmente ao poder. O sucesor de Offa, Coenwulf, reconquistou Kent no 798, poñendo no trono a Cuthred. Tras a morte de Cuthred no 807, Coenwulf reinou directamente sobre Kent, pero a autoridade de Mercia viuse substituída pola de Wessex no 825, despois da batalla de Ellandun: o rei monicreque de Mercia, Baldred foi expulsado.
Cando no 892 toda Inglaterra meridional foi unida so o cetro de Alfredo o Grande, Kent estaba no bordo do desastre. Máis ou menos un século atrás os pagáns viquingos comezaran as súas correrías, atacando en primeiro lugar Lindisfarne, na costa de Northumbria, matando os monxes e devastando a a badía. Este estado de cosas continuou ata o 878, cando Alfredo os venceu: seguiu un acordo, que permitiu o seu asentamento na Anglia oriental e no nordeste. Porén, os seus compatriotas daneses estaban aínda en movemento e no curso dos anos oitenta do século IX, Haesten, un líder guerreiro de grande experiencia, reunira unha enorme forza na Francia setentrional, cercando París e tomando posesión da Bretaña.
Máis de 350 naves viquingas levantaron a áncora de Boulogne cara ao sur de Kent no 892. Un exército enorme (entre as 5 e as 10.000 persoas, incluídos mulleres e nenos, atacaron un forte saxón preto da igrexa de San Rumwold, Bonnington, matando a todos. O ano seguinte construíron unha xigantesca fortaleza propia en Appledore. Fronte a isto, os daneses da Anglia oriental e doutras zonas, rotos os pactos estipulados co rei Alfredo, rebeláronse, uníndose ás ordes dos invasores. Tras unha pequena correría, todas as súas forzas movéronse contra os ingleses, combatendo en moitas batallas, e só desistindo ao cabo de catro anos. Algúns retiráronse á Anglia oriental, mentres que outros volveron á Francia setentrional.
Despois da invasión de Guillerme o Conquistador e no curso da Idade Media, en Kent houbo diversas rebelións, entre as cales a Gran sublevación, guiada por Wat Tyler e a continuación, en 1450, a rebelión de Jack Cade.
Reis de Kent
[editar | editar a fonte]Esta táboa contén na terceira columna o título en latín e, debaixo, o título en inglés antigo. Os signos þ e ð correspóndense respectivamente ao <z> de zapato e ao <d> de cada.
O carácter 7 representaba o & usado na escritura anglosaxoa contemporánea.
Lista dos reis de Cantware (Kent)
[editar | editar a fonte]Duración do reinado | Rei | Notas | |
---|---|---|---|
do 455 ao c.488 | Hengest (Hengist) |
HENGEST VVIHTGILSING CANTVVARE CYNING HENGEST REX CANTVVARVM |
Convértese en rei co seu irmán Horsa |
do 455 (ou 449) ao 488 | Horsa | HORSA VVIHTGILSING CANTVVARE CYNING HORSA REX CANTVVARVM |
Convértese en rei co seu irmán Hengest; morto en combate |
do 488 ao 512/516 | Oisc (Oesc, Aesc, Oeric) |
ÆSC HENGESTING CANTVVARE CYNING ÆSC REX CANTVVARVM |
|
do 512/516 ao 534/540 | Octha (Octha) |
OCTA ÆSCING CANTVVARE CYNING OCTA REX CANTVVARVM |
|
do 534/540 ao 564/580 | Eormenric | EORMENRIC OCTING CANTVVARE CYNING EORMENRIC REX CANTVVARVM |
|
do 564/580 ao 24 de febreiro de 616 | Æthelbert | ÆÞELBRYHT EORMENRICING CANTVVARE CYNING ÆÞELBRYHT REX CANTVVARVM |
|
de febreiro de 616 ao 20 de xaneiro de 640 | Eadbald | EADBALD ÆÞELBRYHTING CANTVVARE CYNING EADBALD REX CANTVVARVM |
|
do xaneiro de 640 ao 14 de xullo de 664 | Eorcenberht | EORCENBRYHT EADBALDING CANTVVARE CYNING EORCENBRYHT REX CANTVVARVM |
|
de xullo de 664 ao 4 de xullo de 673 | Ecgberht I | ECGBRYHT EARCONBRYHTING CANTVVARE CYNING ECGBRYHT REX CANTVVARVM |
|
de xullo de 673 ao 6 de febreiro de 685 | Hlothhere | HLOÞHERE EARCONBRYHTING CANTVVARE CYNNING HLOÞHERE REX CANTVVARVM |
|
de febreiro de 685 a agosto de 686 | Eadric | EADRIC ECGBRYHTING CANTVVARE CYNING EADRIC REX CANTVVARVM |
|
do 686 ao 687 | Mul, Vicerrei de Kent | ||
do 688 ao 690 | Oswine | OSVVINI CANTVVARE CYNING OSVVINI REX CANTVVARVM |
En conflito con Hlothhere desde o 673 |
do 676 ao 692 | Swaefhard (Suaebhard, Webhard) |
SVVÆFHARD CANTVVARE CYNING SVVÆFHARD REX CANTVVARVM |
|
do 690 ao 23 de abril de 725 | Wihtred | VVIHTRED ECGBRYHTING CANTVVARE CYNING VVIHTRED REX CANTVVARVM |
|
do 725 (ou 754?) ao 748 (ou 762?) | Eadberht I | EADBRYHT VVIHTREDING CANTVVARE CYNING EADBRYHT REX CANTVVARVM |
|
do 725 ao 730 | Æthelberht II | ÆÞELBRYHT VVIHTREDING CANTVVARE CYNING ÆÞELBRYHT REX CANTVVARVM |
|
Suxeito ao poder do reino de Mercia | |||
do 730 ao 762 | Æthelberht II | ÆÞELBRYHT VVIHTREDING CANTVVARE CYNING ÆÞELBRYHT REX CANTVVARVM |
Continúa o reinado |
do 747 ao c.765? | Eardwulf | EARDVVLF EADBRYHTING CANTVVARE CYNING EARDVVLF REX CANTVVARVM |
|
do 759 ao c.764 | Eadberht II | EADBERHT II CANTVVARE CYNING EADBERHT REX CANTVVARVM |
|
do 759 ao c.764 | Sigered | SIGERED CANTVVARE CYNING SIGERED REX CANTVVARVM |
|
do 762 ao 764 | Eanmund | EANMVND CANTVVARE CYNING EANMVND REX CANTVVARVM |
Se cadra o mesmo Ealhmund de abaixo? |
do 764 ao c.771 | Heaberht | HEABRYHT CANTVVARE CYNING HEABERHT REX CANTVVARVM |
|
do 764 ao c.784 | Ecgberht II | ECGRIHT CANTVVARE CYNING ECGRIHT REX CANTVVARVM |
|
do 784 ao c.785 | Ealhmund | EALHMVND CANTVVARE CYNING EALHMVND REX CANTVVARVM |
|
Conquistado e gobernado por Offa de Mercia (785–796). | |||
do 796 ao 798 | Eadberht III | EADBRYHT PRÆN CANTVVARE CYNING EADBRYHT REX CANTVVARVM |
Deposto por Coenwulf de Mercia |
do 798 ao 807 | Cuthred | CVÞRED CANTVVARE CYNING CVÞRED REX CANTVVARVM |
Probabelmente un rei monicreque |
do 798? ou 807? | Eadwald | EADVVALD CANTVVARE CYNING EADVVALD REX CANTVVARVM |
Reina por estes anos |
do 807? ao 825 | Baldred | BALDRED CANTVVARE CYNING BALDRED REX CANTVVARVM |
Expulsado por Ecgberht |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Medeiros (2017), p. 205
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Medeiros, Elton O.S. (2017). "Los escandinavos en Inglaterra". En Barreiro, Santiago; Birro, Renan. El mundo medieval: una introducción (volumen I) (en castelán). Ciudad Autónoma de Buenos Aires: Sociedad Argentina de Estudios Medievales. pp. 203–224. ISBN 978-987-42-6119-9.
- Sherley-Price, Leo (1990). Ecclesiastical History of the English People (en inglés). Londres: Penguin Classics. ISBN 0-14-044565-X.