Saltar ao contido

Ecgberht II de Kent

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEcgberht II de Kent

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VIII Editar o valor en Wikidata
Morte784 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Rei de Kent
765 (Gregoriano) – 779 (Gregoriano)
← Heaberht de KentEalhmund de Kent →
Monarca
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiAethelberht II de Kent Editar o valor en Wikidata
Moeda anglosaxoa a nome de Ecgberht, Museo Fitzwilliam.

Ecgberht II foi rei de Kent conxuntamente con Heaberht.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ecgberht II é coñecido polas súas moedas e documentos, nun intervalo que vai desde 765 a 779, dous dos calesforon testemuñados ou confirmados por Heaberht[1][2][3][4]

Ecgberht II subiu ao trono por 765, cando emitiu o seu máis antigo documento conservado. Mais ao redor deste tempo Offa, rei de Mercia, parece que tentaba gobernar Kent directamente, pois parece que emitiu ou confirmou un número de documentos en relación con Kent[1][5][6][7]. Segundo a Crónica anglosaxoa, tivo lugar unha batalla en Otford en 776, e malia non rexistrarse nela o desenlace, o feito de que Kent parece ter ficado independente por varios anos despois suxire que Ecgberht saíra vitorioso. Sábese que ficou como rei até polo menos o 779, a data do seu documento máis tardío.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Ecgberht 9 Prosopografía de Inglaterra anglosaxoa.