Saltar ao contido

Otilio Díaz Verdes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOtilio Díaz Verdes
Biografía
Nacemento23 de abril de 1889 Editar o valor en Wikidata
Cospeito, España Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, político Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioOjos de Acero Editar o valor en Wikidata

José Otilio Díaz de Verdes, que asinaba como Ojos de Acero, nado en Cospeito o 23 de abril de 1889, foi un xornalista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dono do Pazo de Verdes. Iniciouse como xornalista aos vinte anos colaborando en La Voz de la Verdad de Lugo e El Cruzado de Mondoñedo, para pasar despois a El Ratón de Vilalba. Concelleiro maurista de Cospeito,[1] dirixiu El Lucero (1915-1918). Foi redactor da revista Aurora de Vilalba,[2] e correspondente en Cospeito de El Pueblo Gallego, El Ideal Gallego, El Progreso, La Voz de la Verdad, La Voz de Galicia e a revista África.[3] Utilizou nun principio o pseudónimo Guiberto que pronto cambiou por Ojos de Acero.[4] Na República dirixiu os periódicos Canta Claro (1933) e Unión Agraria (1934) de Cospeito. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi delegado da Junta Carlista de Cospeito.[5] Foi secretario interino do xulgado municipal de Cospeito nos anos corenta.[6] En marzo de 1952 o Concello de Cospeito nomeouno cronista oficial de Cospeito e da Terra Chá.[7][8]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

O concello de Cospeito dedicoulle unha rúa na Feira do Monte.[9]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Paz García, filla de Ramón Paz Lamas, e foi pai de José, María e Jaime Díaz Paz.

  1. La Voz de la Verdad, 10-11-1915, p. 2.
  2. La Voz de la Verdad, 11-11-1919, p. 3.
  3. BOP Lugo, 13-8-1925, p. 3.
  4. El Progreso, 18-11-1927, p. 2.
  5. La Voz de Galicia, 7-7-1937, p. 5.
  6. El Ideal Gallego, 14-5-1944, p. 2.
  7. El Ideal Gallego, 19-3-1952, p. 8.
  8. El Progreso, 1-4-1952, p. 2.
  9. O pleno de Cospeito debate un orzamento de 4,2 millóns

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]