Aurora (Vilalba)
Aurora | |
---|---|
País | España |
Lugar | Vilalba |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Fundación | 1918 |
Descrito por | Enciclopedia Galega Universal, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada e Diccionario da literatura galega |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Aurora foi unha revista editada en Vilalba de 1918 a 1920.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulada Revista informativa-literaria, apareceu o 15 de decembro de 1918. Posteriormente cambiou o seu subtítulo por Idearium de la Juventud Gallega e a partir do número 14 por Revista de literatura, arte e información. Revista mensual de tendencia rexionalista, aparecía o día 15. Estaba dirixida por José Novo Pardo e despois por Antonio García Penabad, e o redactor xefe era Gustavo Ramudo Lamas. Ángel Fraga Orosa e Otilio Díaz Verdes foron dous dos redactores, e entre os seus colaboradores figuraron Antonio García Hermida, Ramón Cabanillas, Antonio Rey Soto, Antonio Noriega Varela, Xosé Lesta Meis e Leandro Carré Alvarellos. O último número coñecido é o 14, aparecido o 15 de marzo de 1920.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Aurora". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Aurora". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Aurora na hemeroteca virtual da Real Academia Galega.