Xosé Lesta Meis
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de marzo de 1887 Eirís de Arriba, España |
Morte | 22 de decembro de 1930 (43 anos) Eirís de Abaixo, España |
Lugar de sepultura | camposanto de Oza |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista, autor |
Xénero artístico | Narrativa |
Familia | |
Cónxuxe | Rogelia Raso Naya |
Xosé Francisco Lesta Meis, nado en Eirís de Arriba (Oza, A Coruña) o 16 de marzo de 1887 e finado en Eirís de Abaixo o 22 de decembro de 1930, foi un escritor e xornalista galego, vencellado aos intelectuais da Xeración Nós e aos escritores relacionados coas Irmandades da Fala.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Logo de traballar na infancia nas labores agrícolas na súa aldea natal, emigrou a Cuba. Na Habana faise cunha formación autodidacta mentres traballa nas plantacións de azucre. Despois dedícase ao xornalismo, mantendo en Eco de Galicia a sección De mi tierra entre 1925 e 1930 e colaborando n' A Nosa Terra. De regreso a Galicia viviu na Coruña. Formou parte das Irmandades da Fala e estivo vencellado á Xeración do 16.
Foi un dos narradores máis salientábeis da promoción das Irmandades da Fala. A súa prosa realista retrata os costumes da xente que lle foi máis próxima, o mundo rural, a emigración, aproveitando para verter a súa experiencia autobiográfica.
Casou con Rogelia Raso Naya.[1]
Obra
[editar | editar a fonte]- Manecho o da rúa, 1926, Colección Lar (novela curta).[2]
- Estebo, 1927, Biblioteca de Novelas Lar.[3]
- Abellas de ouro, 1930, Nós, cun "Preludio cordial" de A. Villar Ponte.[4][5]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Monterroso, X. M. (29/10/1986). "Morreu Rogelia, viva Matilde!". suplemento Cataventos, El Ideal Gallego.
- ↑ Iglesias, Xabier (10/10/2012). "Manecho o da rúa". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com.
- ↑ Iglesias, Xabier (27/9/2014). "Estebo". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com.
- ↑ Iglesias, Xabier (14/12/2013). "Abellas de ouro". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com.
- ↑ "La Voz entrega «Abellas de ouro», trece retratos literarios de Lesta Meis". La Voz de Galicia. 29/9/2002.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé Lesta Meis |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Xosé Lesta Meis |
- "Lesta Meis, Xosé Francisco". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1217. ISBN 978-84-8288-942-9.
- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. p. 618-621. ISBN 84-7154-227-7.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 284.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 226. ISBN 84-7492-465-0.
- Varela Jácome, Benito."O testemuño da novela de Lesta Meis" en Lesta Meis. Estebo. Edicións Xerais de Galicia, 1981.
- ——— (2005). "Lesta Meis, José Francisco". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 327. ISBN 84-8288-019-5.
- Villar González, Miro (2000). "Estebo". Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.