Ought
Ought | |
---|---|
Orixe | Montreal, ![]() |
Período | 2012 - 2021 |
Xénero(s) | art punk, post-punk, indie rock, noise rock |
Selo(s) discográfico(s) | Constellation Records |
Membros | Tim Darcy Matt May Ben Stidworthy Tim Keen |
Na rede | |
http://cstrecords.com/ought/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Ought é foi banda canadense de art rock procedente de Montreal. O grupo formouse no ano 2012 cando os seus membros comezaron a vivir xuntos nun local de ensaio comunal mentres gravaban o seu primeiro material. A banda estivo composta por Tim Darcy (voces, guitarra), Ben Stidworthy (baixo), Matt May (teclados) e Tim Keen (batería). O 3 de novembro de 2021 o grupo anunciou a súa separación a través dunha publicación no seu perfil de Facebook.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O seu EP de estrea, New Calm, foi publicado no ano 2012.[2]
Despois de asinar con Constellation Records, publicaron o seu primeiro álbum, More than Any Other Day, en 2014. Este traballo foi aclamado pola crítica,[3] e apareceu en varias listas de mellores discos do ano 2014, como nas de Rolling Stone, Pitchfork Media, Drowned In Sound, Loud and Quiet, Exclaim!, Crack Magazine e Paste.[4] O álbum acadou o número 20 na lista estadounidense Billboard Heatseekers.
En outubro de 2014 a banda editou Once More With Feeling, un EP con caras b de More Than Any Other Day e regravacións das súas primeiras cancións.[5] En xullo de 2015 a banda anunciou un segundo traballo, titulado Sun Coming Down, publicado no mes de setembro.[6][7]
A banda traballou co produtor francés Nicolas Vernhes no seu terceiro álbum de estudio, Room Inside the World, que foi publicado o 16 de febreiro de 2018.[8]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo | Observacións |
---|---|---|---|
New Calm | 2012 | autoeditado | EP |
More than Any Other Day | 2014 | Constellation Records | |
Once More With Feeling | 2014 | Constellation Records | EP |
Sun Coming Down | 2015 | Constellation Records | |
Room Inside the World | 2018 | Merge Records/Royal Mountain Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "We are no longer active as a band". Facebook. Consultado o 2021-11-03.
- ↑ Constellation Records (ed.). "Wellcome new recruits: Ought". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2015. Consultado o 12 de novembro de 2016.
- ↑ Metacritic (ed.). "More Than Any Other Day". Consultado o 12 de novembro de 2016.
- ↑ Constellation Records (ed.). "More Than Any Other Day". Consultado o 12 de novembro de 2016.
- ↑ Constellation Records (ed.). "Once More With Feeling...". Consultado o 12 de novembro de 2016.
- ↑ Still in Rock (ed.). "Still in Rock présente: Ought (indie rock)". Consultado o 12 de novembro de 2016.
- ↑ "Album Review: Ought - Sun Coming Down". Consequence of Sound (en inglés). 2015-09-24. Consultado o 2019-12-06.
- ↑ "Ought - Room Inside The World". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-12-06.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 23 de xullo de 2015 en Wayback Machine.