Outes, Outes
Outes | |
---|---|
A rúa da Vila na Serra de Outes. | |
Concello | Outes[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°51′01″N 8°55′42″O / 42.8504, -8.9283 |
Poboación | 666+1.115 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 21[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Pedro de Outes é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Outes na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 677 habitantes (317 mulleres e 360 homes) distribuídos en 21 lugares [2].
A capital do concello de Outes, áchase no lugar desta parroquia da Serra de Outes, única entidade de poboación do concello con categoría de entidade singular (urbana).
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A Igrexa parroquial de San Pedro foi construída a principios do século XVIII polo marqués da Sierra. De planta de cruz latina posúe catro altares laterais e o altar maior.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Outes
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Outes no concello de Outes (A Coruña) | |
---|---|
Berres | Boel | Cambeiro de Abaixo | Cambeiro de Arriba | A Carballa | Carleo de Abaixo | Carleo de Arriba | O Castelo | O Couto | Cures | Lantarou | Lucil | Mirás | Moledo | Outes | Sande de Abaixo | Sande de Arriba | A Serra de Outes | O Vilar de Outes | Vista Alegre | A Xurisdición |
Parroquias de Outes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ No Nomenclátor da Xunta de Galicia Arquivado 04 de abril de 2014 en Wayback Machine., A Serra de Outes figura como un lugar desta parroquia. Porén, no nomenclátor do Instituto Galego de Estatística Arquivado 30 de decembro de 2020 en Wayback Machine. figura como unha entidade singular de poboación (pola súa poboación e polo seu carácter urbano), fóra da entidade colectiva de Outes. Os datos da poboación desta parroquia veñen da suma dos datos poboacionais da parroquia de Outes e dos da entidade singular da Serra de Outes procedentes do nomenclátor do IGE.