Valadares, Outes
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Valadares.
Valadares | |
---|---|
Igrexa de San Miguel de Valadares. | |
Concello | Outes[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°52′28″N 8°57′49″O / 42.8745574, -8.9635796 |
Área | 16,07 km² |
Poboación | 301 hab. (2020) |
Densidade | 18,73 hab./km² |
Entidades de poboación | 14[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Miguel de Valadares é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Outes. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 301 habitantes (141 homes e 160 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 564 habitantes. A súa superficie é de 16.55 quilómetros cadrados, sendo a segunda parroquia do concello en superficie, mais só a sétima en poboación. Sitúase ó noroeste do concello, lindando co concello de Mazaricos e coas parroquias de San Lourenzo e Outes.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Valadares
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Valadares no concello de Outes (A Coruña) | |
---|---|
Crespos | Esperante | Gosende | Guimarei | Lestaio | Loios | Pedrafita | Sendón | Terelle | As Touzas | Valadares | A Vila do Monte | O Vilar | Xendil |