Outlander
Outlander | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Outlander |
Director | Howard McCain |
Produtor | Barrie M. Osborne Christopher Roberts |
Guión | Dirk Blackman Howard McCain |
Intérpretes | Jim Caviezel Sophia Myles Jack Huston Ron Perlman John Hurt |
Música | Geoff Zanelli |
Fotografía | Pierre Gill |
Montaxe | David Dodson |
Distribuidora | The Weinstein Company |
Estrea | Letonia: 11 de xullo de 2008 |
Duración | 115 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción, Ciencia ficción |
Orzamento | $47 000 000[1] |
Recadación | $7 033 683 |
Na rede | |
http://www.outlandermovie.co.uk/ | |
Outlander é un filme estadounidense dirixido por Howard McCain que se estreou no 2008. Está protagonizado por Jim Caviezel. O filme trata dunha nave espacial que se estrela na Noruega da era viquinga. De acordo cos seus creadores, Outlander está vagamente baseado no poema épico Beowulf.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Viquingos, ano 509. Unha nave espacial estrélase na antiga Noruega. Do seu interior saen un guerreiro humanoide chamado Kainan e unha sanguinaria criatura coñecida como Moorwen, unha besta salvaxe disposta a vingar a extinción da súa raza a mans do exército do guerreiro. Mentres Moorwen devasta os territorios viquingos, asasinando a quen se lle pon por diante, Kainan, combinando a súa avanzada tecnoloxía con armas antigas, adícase a formar un grupo de primitivos pero feroces guerreiros.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jim Caviezel como Kainan
- Sophia Myles como Freya
- Jack Huston como Wulfric
- John Hurt como Rothgar
- Cliff Saunders como Boromir
- Ron Perlman como Gunnar
- Aidan Devine como Einar
- Bailey Maughan como Eric
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Filmes de 2008
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes en lingua islandesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América
- Filmes rodados en Vancouver
- Filmes rodados no estado de Washington
- Filmes baseados en Beowulf
- Filmes de monstros
- Filmes ambientados en Noruega
- Filmes ambientados no século VIII
- Filmes ambientados na era viquinga