Oxford English Dictionary
Oxford English Dictionary | |
---|---|
Título orixinal | Oxford English Dictionary e A New English Dictionary on Historical Principles |
Autor/a | John Simpson, Edmund Weiner e James Murray |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | lingua inglesa |
Xénero(s) | dictionary of the English language |
Editorial | Oxford University Press |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Oxford English Dictionary (abreviado OED) é un dicionario publicado pola editorial Oxford University Press, considerado o máis erudito e completo dicionario da lingua inglesa, así como o principal punto de referencia para o seu estudo etimolóxico, así como a unha completa e definida explicación da súa sintaxe e a súa gramática.
Características
[editar | editar a fonte]O 30 de novembro de 2005 incluía unhas 301 000 entradas principais, a través de 350 millóns de caracteres. Ademais das entradas principais, contén 157 000 combinacións e derivados en letra grosa, e 169 000 frases e combinacións en letra grosa cursiva, até un total de 616 500 expresións. Hai 137 000 pronuncias, 249 000 etimoloxías, 577 000 referencias cruzadas, e 2 412 400 citas ilustrativas. A intención da obra é recoller todos os usos e variantes coñecidos de cada palabra en todas as variedades do inglés de todo o mundo, pasadas e presentes, así como as súas etimoloxías, historia, pronuncia, etc. É o punto de partida de moitos estudos sobre a lingua inglesa, e a orde no que se listan alí as distintas grafías das palabras ten moita influencia sobre o inglés escrito de moitos países.
A realización de tal obra débese á tradición enciclopedista do século XIX, que conseguiu axuntar os esforzos de multitude de lectores baixo a coordinación de James Murray, o editor orixinal do dicionario.