Oysterband
Oysterband (orixinalmente The Oyster Band) é unha banda británica de folk-rock e folk-punk formada en Canterbury en 1976.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Historia temperá
[editar | editar a fonte]A banda formouse en paralelo á Fiddler's Dram baixo o nome de "Oyster Ceilidh Band" e tocou ao principio só como banda de baile. O nome Oyster provén da primeira asociación do grupo coa cidade costeira de Whitstable, Kent, coñecida pola calidade das súas ostras. O seu álbum debut foi Jack's Alive (1980) no selo discográfico Dingles. Os seguintes foron publicados no seu selo Pukka Music: English Rock 'n' Roll: The Early Years 1800–1850 e Lie Back and Think of England, seguido de Liberty Hall e 20 Golden Tie-Slackeners.
A aliñación da banda ía mudando neses álbums. A primeira formación era:
- Cathy Lesurf – voz;
- John Jones – melodeon, voz;
- Alan Prosser – guitarras, violín;
- Chris Taylor – guitarra, bouzouki, harmónica, mandola;
- Ian Telfer – violín, concertina inglesa, saxofón;
- Chris Wood – baixo;
- Will Ward – fagot, crumhorn (cromorno), teclados
Chris Wood deixou a banda para ir ao Canadá e foi substituído no baixo por Ian Kearey. Posteriormente, Cathy Lesurf marchou para unirse á Albion Band de Ashley Hutchings, e Will Ward tamén marchou cando gravaron Lie Back and Think of England. Logo engadiron a Russell Lax á batería. O álbumStep Outside mesturou cancións escritas por eles mesmos, moitas veces con temática política, con reelaboración de estándares tradicionais como "Hal-an-Tow".
Historia máis recente
[editar | editar a fonte]Despois do lanzamento de Wide Blue Yonder en 1987 Kearey deixou a banda, substituído por Chopper (Ray Cooper). Os álbums posteriores incluíron Ride, Little Rock to Leipzig e a colaboración de June Tabor Freedom and Rain. O batería Lee Partis substituíu a Russell Lax en 1992. En 1993 o álbum Holy Bandits, cunha canción adicada ao Camiño de Santiago ("The Road to Santiago") impulsou a banda ao primeiro plano dunha escena folk-rock en expansión xunto con bandas como The Levellers.[2]
Nesa década a banda adoptou unha postura máis abertamente política, gravando The Shouting End of Life e colaborando con Chumbawamba para gravar "Farewell to the Crown", cara B do sinxelo Tubthumping. Pero os lanzamentos recentes Deep Dark Ocean, Here I Stand, Rise Above e Meet You There fixeron que a banda volvese a un son máis suave e melódico, e nas recentes xiras baixo o lema 'The Big Session' colaboraron músicos emerxentes como Dan Donnelly, The Handsome Family, e xente veterana como June Tabor. James O'Grady (Uilleann, violín, frauta e voz) apareceu regularmente nos álbums e xiras da Oysters nos últimos anos. Tamén participaron John Jones, James O'Grady e Ian Telfer na voz e instrumentación.
En 2007, o batería Lee Partis deixou a banda para concentrarse no seu traballo como psicoterapeuta, asesorando en prisións, entrando Dilwyn Davies como substituto.
Despois do concerto do 30 aniversario, en 2009, a banda tomou un ano sabático durante o que John Jones e Chopper fixeron álbums en solitario.
A banda volveu ao estudo en 2011, formando equipo unha vez máis con June Tabor e lanzando Ragged Kingdom en setembro nun concerto con entradas esgotadas no Queen Elizabeth Hall de Londres. Al Scott produciu o álbum, alén de tocar o baixo e guitarra. En 2012, June Tabor e Oysterband gañaron a Mellor Canción Tradicional, Mellor Álbum e Mellor Grupo nos Premios Folk da BBC Radio 2 por Ragged Kingdom.
Ray Cooper deixou a banda en 2013 para seguir unha carreira en solitario e Adrian Oxaal, anteriormente da banda de rock James, asumiu o relevo, e Pete Flood, antes de Bellowhead, substituíu a Davies na batería.
Aliñación actual
[editar | editar a fonte]- John Jones - melodeon, voz principal
- Alan Prosser - guitarras, voz
- Ian Telfer - violín, teclado, voz
- Sean Randle - batería, percusión, voz
- Al Scott : baixo, mandolina, voz
- Adrián Oxaal – violonchelo, guitarra eléctrica, voz
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Como Fiddler's Dram
- To See the Play – 1978
- Fiddler's Dram – 1980
Como Oyster Ceilidh Banda
- Jack's Alive – 1980
Como Oyster Band
- English Rock 'n' Roll: The Early Years 1800–1850 – 1982
- Lie Back and Think of England – 1983
- 20 Golden Tie-Slackeners – 1984
- Liberty Hall – 1985
- Step Outside – 1986
- Wide Blue Yonder – 1987
- Ride – 1989
- Love Vigilantes – 1989
- Freedom and Rain – 1990 (con June Tabor)
Como Oysterband
- Deserters – 1992
- Holy Bandits – 1993
- Trawler – 1994
- The Shouting End of Life – 1995
- Deep Dark Ocean – 1997
- Here I Stand – 1999
- Rise Above – 2002
- 25 – 2003
- Meet You There – 2007
- The Oxford Girl and Other Stories – 2008
- Ragged Kingdom – 2011 (colaboración con June Tabor)
- Diamonds on the Water – 2014
Ao vivo
[editar | editar a fonte]- Little Rock to Leipzig – 1990 (parte en directo)
- Alive and Shouting – 1996
- Alive and Acoustic – 1998
- 25th Anniversary Concert – DVD – 2004
- Northern Light – 2006
- Fire and Fleet – 2019 (con June Tabor, parte en directo)
Álbums de recompilación
[editar | editar a fonte]"The Road to Santiago" e "Bells Of Rhymney" da Oysterband foron incluídas no primeiro e no segundo álbum dobre recompilatorio Gaitas, violines y otras hierbas (DRO, 1992, 1993), no que participaron grupos galegos como Os Diplomáticos e Na Lúa, alén doutros grupos de éxito internacional como The Dubliners, Loreena McKennitt, The Pogues, Celtas Cortos, The Chieftains con Van Morrison, Clannad, Gwendal ou Alan Stivell.[3][4] Entre 1994 e 2016 participaron noutros álbums colectivos.
- Gaitas, Violines y otras hierbas – 1992 (con "Bells of Rhymney")
- Gaitas, Violines y otras hierbas – 1993 (con "The Road to Santiago")
- The Rough Guide to World Music – 1994 (coa música "When I'm Up I Can't Get Down")
- The Rough Guide to English Roots Music – 1998 (coa peza "Sail on By")
- Pearls from the Oysters – 1998 (con Step Outside, Wide Blue Yonder, Ride e Little Rock to Leipzig)
- Granite Years (The Best of Oysterband 1986–1997) – 2000, dobre álbum
- This House Will Stand (The Best Of Oysterband 1998–2015) – 2016, dobre álbum con "The Work Of My Own Two Hands" máis versións alternativas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Biography Oysterband (en inglés)". All Music. Consultado o 5-1-2022.
- ↑ Colin, Larkin (1992). The Guinness encyclopedia of popular music. Guinness Publ. ISBN 0-85112-939-0.
- ↑ "GVYOH 1". Discogs. Consultado o 4-1-2021.
- ↑ "GVYOH". Discogs. Consultado o 4-1-2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oysterband |