Pánfilo de Samos
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | filósofo |
Descrito pola fonte | Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru |
Pánfilo (en latín Pamphilus, en grego antigo Πάμφιλος ) foi un filósofo grego discípulo de Platón.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O único que se recorda del é que Epicuro na súa mocidade o escoitou na illa de Samos onde vivía e de onde probabelmente era natural.
Epicuro adoitaba falar del con moito desprezo, en parte, segundo Cicerón, porque pensaba que non lle debía moito na súa instrución, xa que Epicuro dicía que el mesmo era o autor da súa propia filosofía. Pánfilo de Samos tamén é mencionado por Dióxenes Laercio (Vidas e opinións de filósofos eminentes, X. 14) e Suídas, s.u. Ίκπίκουρος )[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1.Pamphilus en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. III Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 102-103