Pérola (cantora)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Huambo, Angola |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Instrumento | Voz |
Sitio web | perola.info |
Jandira Sassingui, máis coñecida como Pérola, é unha cantora e presentadora angolana.
Biografía
[editar | editar a fonte]Comezou a cantar aos 8 anos de idade e tendo dende sempre gran paixón pola música chegou a facer concertos para veciños e amigos como pasatempo, o que a levou a concursos de música e de danza.
Aos 13 anos de idada mudouse de Luanda coa súa familia a Windhoek, Namibia, onde continuou os estudos. De 1997 a 2001 estudou no Colexio Concórdia onde formou parte dun grupo de danza chamado "Earth Girls". Após isto, participou no Concurso para a Descoberta de Talentos organizada pola Igrexa Católica onde gañou dous trofeos: Mellor Dueto e Mellor Performance Feminina da Noite.
Pretendendo iniciar as súas andanzas pola universidade, parte para a Suráfrica no ano 2002 e participa no concurso musical Coca-Cola Popstars, sendo excluída por estranxeira.
Consequentemente, decide gravar o seu propio álbum musical que pública en 2004 co nome de "Os Meus Sentimentos", rexistrando dende este momento o nome de Pérola.
En 2007 consegue ser licenciada en Dereito pola Universidade de Pretoria.[1]
Carreira
[editar | editar a fonte]Discografía
[editar | editar a fonte]- Os Meus Sentimentos (2004)
- Cara & Coroa (2010)
- Mais de mim (2014)
Televisión
[editar | editar a fonte]- 2007: Big Brother África (presentadora)
- 2008: VIAGENS (presentadora)
- 2009: Televisão Bounce (co-presentadora)
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2004: Prémio Rádio Luanda, na categoría de Revelação Feminina.
- 2004: Prémio Moda, Luanda (8ª Edición) na categoría de Melhor Intérprete Feminina.
- 2005: Prémios KORA, na categoría de Melhor Artista Feminina da África Austral.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pérola: Sobre". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2015. Consultado o 26 de xuño de 2015.