Saltar ao contido

Péter Szondi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPéter Szondi
Biografía
Nacemento27 de maio de 1929 Editar o valor en Wikidata
Budapest, Hungría Editar o valor en Wikidata
Morte18 de outubro de 1971 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Berlín Oeste (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, afogamento Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Fluntern Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Zürich (–1954) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura de Hungría e theatre literature (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Berlín Editar o valor en Wikidata
Ocupacióntradutor, comparative literature academic (en) Traducir, especialista en literatura, escritor, crítico literario, ensaísta Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Libre de Berlín
Universidade de Gotinga Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
PaisLeopold Szondi Editar o valor en Wikidata  e Ilona Szondi Editar o valor en Wikidata

Find a Grave: 237762585 Editar o valor en Wikidata

Péter Szondi, nado en Budapest o 27 de maio do 1929 e finado en Berlín o 18 de outubro do 1971, foi un filólogo da literatura alemá e intelectual da posguerra.[1][2] Contribuíu a establecer o eido da literatura comparada na República Federal Alemá.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Péter Szondi naceu en Budapest no 1929, fillo do coñecido psicanalista Leopold Szondi.[2] A súa familia, de orixe xudía, foi deportada ao campo de concentración de Bergen-Belsen en xullo do 1944.[2][3] En decembro do mesmo ano, foron liberados como parte da convención Kasztner, e trasladáronse a Zürich. Nesa cidade, Szondi estudou filoloxía alemá e das linguas romances, así como filosofía. Continuou os seus estudos en París, doutorándose cunha tese titulada Theorie das modernen Dramas ("Teoría do drama na modernidade", 1956), dirixida por Emil Staiger, catedrático da Universidade de Zürich.[2][3] No 1960, publicou a súa habilitación da Universidade Libre de Berlín, Ensaio sobre o tráxico.

Tumba da familia Szondi

Durante a década dos 60, foi un dos filólogos máis destacados de Alemaña, fundador do Instituto de Literatura Comparada da Universidade Libre de Berlín, do que sería o primeiro catedrático.[2][3]

Szondi suicidouse no 1971, afogando no río Halensee de Berlín.[1][2] Deixou sen rematar un libro sobre a obra do seu amigo Paul Celan, que se suicidara o ano anterior en París de xeito similar.[1] Está soterrado no cemiterio Fluntern de Zürich, xunto cos seus pais e a súa irmá.

Na súa carreira abarcou numerosos temas, entre os que se atopan a teoría dos xéneros literarios, a hermenéutica literaria ou a poesía de autores coma Hölderlin ou Celan. As súas obras completas publicáronse en alemán en dous volumes de Schriften ("Escritos") e cinco volumes de Studienausgabe der Vorlesungen ("Leccións"). Tamén se editou a súa correspondencia (Briefe, 1993) e as súas cartas con Paul Celan (Briefwechsel, 2005). Entre os seus libros, destacan:

  • Theorie das modernen Dramas ("Teoría do drama moderno", 1956).
  • Versuch über das Tragische ("Ensaio sobre o tráxico", 1961).
  • Der andere Pfeil ("A outra frecha", 1963).
  • Satz und Gegensatz ("Sentencia e oposición", 1964).
  • Hölderlin-Studien ("Estudos sobre Hölderlin", 1967).
  • Celan-Studien ("Estudos sobre Celan", 1972); póstumo.[1]
  • Lektüren und Lektionen: Versuche über Literature, Literaturtheorie und Literatursoziologie ("Lecturas e leccións: Tentativas sobre a literatura, a teoría literaria e a socioloxía da literatura", 1973); póstumo.
  • Über eine "Freie (d.h. freie) Universität" ("Sobre unha universidade libre (é dicir, gratuita)", 1973); póstumo.
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Robayna, Andrés Sánchez (2016-05-10). "Estudios sobre Celan, de Peter Szondi". Letras Libres (en castelán). Consultado o 2024-01-22. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Gang dur Alt-Züri: Der Szondiweg". www.alt-zueri.ch. Consultado o 2024-01-22. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Zeitung, Süddeutsche (2020-06-03). "Die Gesellschaft im Elfenbeinturm". Süddeutsche.de (en alemán). Consultado o 2024-01-22. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]