Pêr Denez
Nome orixinal | (fr) Pierre Denis (br) Per Denez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (fr) Pierre Joseph Albert Victor Denis 3 de febreiro de 1921 Rennes, Francia |
Morte | 30 de xullo de 2011 (90 anos) Romillé, Francia |
Educación | Universidade de Rennes Lycée Saint-Martin (en) |
Actividade | |
Ocupación | escritor, lingüista, esperantista |
Empregador | Universidade de Rennes 2 Alta Bretaña |
Alumnos | Alan Botrel, Yann Bouëssel du Bourg e Gwenaël Leduc |
Pseudónimo literario | Per Denez |
Obra | |
Doutorando | Alan Botrel, Françoise Morvan, Yann Bouëssel du Bourg e Gérard Cornillet (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Marcelle Stéphan (1949–2001) |
Fillos | Gwendal Denis |
Premios | |
Pêr Denez (en francés: Pierre Denis), nado en Rennes o 3 de febreiro de 1921, e finado en Romillé o 30 de xullo de 2011, foi un escritor bretón.[1] Grazas ás súas contribucións no xénero das novelas, ós ensaios e obras sobre lingüística, contribuíu a preservar e potenciar a lingua bretoa escrita.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou como mestre de inglés en Douarnenez e foi profesor de bretón na Universidade de Alta Bretaña Rennes-2. En 1981, grazas ás súas peticións, creouse a licenciatura de lingua bretoa por decisión persoal do daquela presidente da República Francesa, François Mitterrand.
Foi presidente do Consello científico e de animación do Instituto Cultural da Bretaña dende 1984 e tamén presidente da federación de asociacións da lingua bretoa, Kuzul ar Brezhoneg. Ademais exerceu como Presidente do Comité de apoio a Unión Democrática Bretoa nas eleccións rexionais de 1998. En marzo de 1999 provocou unha forte polémica cando o xornal Armor Magazine lle preguntou polo nome dos personaxes máis significativos da Bretaña dos trinta últimos anos, e deu os nomes de Jean-Michel Kernaleguen e Christian Le Bihan, militantes da Fronte de Liberación da Bretaña.
Fundou as revistas bretoas Kened, Ar Vro (1959) e Hor Yezh, das que foi director, así como a editorial Mouladurioù Hor Yezh. En 1989 recibiu a Orde do Armiño, e en 1993 recibiu a Creu de Sant Jordi da Generalitat de Cataluña.
Obra
[editar | editar a fonte]Ficción
[editar | editar a fonte]- Glas evel daoulagad c'hlas na oant ket ma re, Al Liamm 1979
- Hiroc'h eo an amzer eget ar vuhez, Mouladurioù Hor Yezh, 1981
- Evit an eil gwech, MHY, 1982
- Eus un amzer 'zo bet, MHY, 1992
- En tu all d'an douar ha d'an neñv, MHY, 1993
- Kenavo ar c'hentañ er joaioù, MHY, 1994
- An amzer a ra e dro 1995
- Da Rouz An Noz, MHY, 1996
Poemas
[editar | editar a fonte]- P'emañ ar mor o regel..., Skrid, 1001
Lingüística e metoldoloxía
[editar | editar a fonte]- Kentelioù brezhoneg : eil derez, Al Liamm, 1971
- Brezhoneg buan hag aes, Omnivox, 1972
- Étude structurale d'un parler breton : Douarnenez, thèse (3 vol.), Université de Rennes, 1977
- Geriadur brezhoneg Douarnenez, 4 vol., Mouladurioù Hor Yezh, 1980, 1981, 1985
- Mont war-raok gant ar brezhoneg, MHY, 1987
Artigos e ensaios
[editar | editar a fonte]- En francés
- Joseph Ollivier, Les contes de Luzel (Préface de Per Denez, suivie d'une Postface sur “Contes Bretons” Pur-Terre de Brume, 1994), Hor Yezh, 1995 ISBN 2-910699-11-0
- Bretagne et peuples d'Europe, MHY, 1999.
- En bretón
- Yezh ha bro, MHY, 1998.
- Korf an den Brest, Skridoù Breizh, 1943.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Theodor Storm, Aquis submersus, Al Liamm, 1950
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pierre Denis alias Pêr Denez n’est plus, ouest-france.fr, le 30 juillet 2011,
- ↑ Ouest France Dimanche, 31 juillet 2011, nécrologie de Pêr Denez, p. 4.