Unión Democrática Bretoa
Unión Democrática Bretoa Unvaniezh Demokratel Breizh | |
---|---|
Dirixentes e organización | |
Voceira | Lydie Massard |
Filiación internacional | Alianza Libre Europea |
Historia | |
Fundación | 4 de xaneiro de 1964 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo bretón, rexionalismo e autonomismo Esquerda[1] |
Representación | |
Consello Rexional da Bretaña | 4 / 83 |
Asemblea Nacional (asentos bretóns) | 1 / 27 |
Senado de Francia (asentos bretóns) | 0 / 18 |
Outros datos | |
Sede | Nantes |
Na rede | |
www.udb-bzh.net | |
Unión Democrática Bretoa (en bretón: Unvaniezh Demokratel Breizh; en francés: Union Démocratique Bretonne) ou UDB, é un partido nacionalista,[2] autonomista[3] e rexionalista[4][5] da Bretaña e do Loira Atlántico. A UDB defende a transferencia de competencias para a Bretaña, así como a promoción da lingua bretoa e a súa cultura.
A Unión Democrática Bretoa ten tres asentos no Consello Rexional da Bretaña dende marzo de 2004. Un cuarto asento foi outorgado a Christian Troadec, alcalde de Carhaix-Plouguer quen, aínda sen ser membro da organización foi considerado achegado a ela. Porén, escolleu abandonar o consello rexional o 18 de decembro de 2008 por mor de discrepancias polo hospital de Carhaix.[6]
A Unión Democrática Bretoa ten alianzas con Europa Ecoloxía Os Verdes (EELV) e é membro da Alianza Libre Europea (ALE). O partido apoia a creación dunha Europa federal.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ John T. Koch, ed. (2006). Celtic culture: a historical encyclopedia. Vol. 1-. ABC-CLIO. p. 1342. ISBN 978-1-85109-440-0.
- ↑ Peter Berresford Ellis (1985). Y Lolfa, ed. The Celtic Revolution: A Study in Anti-imperialism. p. 71. ISBN 978-0-86243-096-2.
- ↑ Jason Sorens (13 de febreiro de 2012). Secessionism: Identity, Interest, and Strategy. MQUP. p. 180. ISBN 978-0-7735-8751-9.
- ↑ Vladimir Claude Fisera; Peter Jenkins (1982). "The Unified Socialist Party (PSU) since 1968". En David Scott Bell. Contemporary French Political Parties. CUP Archive. p. 114. ISBN 978-0-7099-0633-9.
- ↑ Fabien Escalona; Simon Labouret; Mathieu Vieira (2013). "France:Regional Elections as Third-order Elections?". En Régis Dandoy; Arjan Schakel. Regional and National Elections in Western Europe: Territoriality of the Vote in Thirteen Countries. Palgrave Macmillan. p. 101. ISBN 978-1-137-02544-9.
- ↑ ABP-TV. "ABP-TV : Christian Troadec se met en congé congé de la majorité du Conseil régional de Bretagne". Consultado o 30 de decembro de 2016.
- ↑ Anthony M. Messina (2014). "European Disunion? The Implications of "Super" Diversity for European Identity and Political Community". En Andrew C. Gould; Anthony M. Messina. Europe's Contending Identities: Supranationalism, Ethnoregionalism, Religion, and New Nationalism. Cambridge University Press. p. 67. ISBN 978-1-107-03633-8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Bretaña |