Pùbù
Aparencia
Pùbù | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 瀑布 |
Director | Chung Mong-hong |
Produtor | Tseng Shao-chien Chu Yu-ning Tung Cheng-yu |
Guión | Chung Mong-hong Chang Yao-sheng |
Intérpretes | Alyssa Chia Gingle Wang |
Música | Lu Lu-Ming |
Fotografía | Chung Mong-hong |
Montaxe | Lai Hsiu-hsiong |
Estudio | 3 NG Film |
Estrea | Venecia: 6 de setembro de 2021 |
Duración | 129 minutos |
Orixe | Taiwán |
Xénero | Drama |
Orzamento | 70 millóns de NT$[1] |
Na rede | |
Pùbù (en chinés: 瀑布) é un filme taiwanés de 2021 dirixido e escrito por Chung Mong-hong e protagonizado por Alyssa Chia e Gingle Wang. O filme estreouse na sección "Horizons" da 78ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia.[2] Foi escollido como candidato taiwanés para presentarse ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 94ª edición dos premios,[3] mais finalmente non foi nomeado. O filme gañou catro premios e estivo nomeado a 11 na 58ª edición do Golden Horse Film Festival.[4][5]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Durante a pandemia de COVID-19, a relación dunha nai e a súa filla adolescente ténsase mentres están en corentena no seu apartamento.[6]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Alyssa Chia como Lo Pin-wen
- Gingle Wang como Wang Jing
- Lee Lee-zen como Wang Qi-wen
- Chen Yi-wen como Mr. Chen
- Liu Liang-tso como superintendente do bloque de edificios
- Yang Li-yin como empregada doméstica
- Chang Shao-huai como doutor
- Hsu Wei-ning como doutor
- Liu Kuan-ting como bombeiro
- Vent Teng como cliente do supermercado
- Huang Hsin-yao como empregado do supermercado
- Queen Wei como Ru-yun
- Sung Shao-ching como Mr. Chen
- Waa Wei como Ru-xuan
- Hung Xiao-ling como segunda esposa de Qi-wen
- Max Su como presentador de noticias
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 江珮瑜 (2021-10-14). "賈靜雯、王淨《瀑布》演母女 鍾孟宏曝曾深感疑慮". China Times.
- ↑ "Orizzonti". labiennale.org. Bienal de Venecia. Consultado o 2021-09-03.
- ↑ "'The Falls' to represent Taiwan at 2022 Oscars - Focus Taiwan". Focus Taiwan. 7 de outubro de 2021. Consultado o 7 de outubro de 2021.
- ↑ Frater, Patrick (27 de novembro de 2021). "‘Revolution of Our Times,’ ‘The Falls’ Triumph at Golden Horse Film Awards". Variety. Consultado o 28 de novembro de 2021.
- ↑ "Taipei Golden Horse Film Festival 2021". Taipei Golden Horse Film Festival. Consultado o 28 de novembro de 2021.
- ↑ Brzeski, Patrick (2 de setembro de 2021). "Venice: Taiwan’s Chung Mong-Hong on Reinventing His Whole Creative Process to Make ‘The Falls’". The Hollywood Reporter. Consultado o 7 de outubro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Taiwán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar