Paíño calcamar
Paíño calcamar | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Procellaria marina Latham, 1790[3] |
O paíño calcamar[4] ou calcamar[5] (Pelagodroma marina) é unha pequena ave mariña da familia dos paíños austrais Oceanitidae. É o único membro do xénero monotípico Pelagodroma. Inicialmente estaba encadrado na familia dos hidrobátidos, pero, cando esta foi subdividida, pasou á familia dos oceanítidos.
Descrición
[editar | editar a fonte]Ten unha lonxitude de 19 a 21 cm e unha envergadura de ás de 41 a 44 cm. Ten un dorso de marrón claro a gris, a rabadilla e as ás con plumas de voo negras. Pola parte inferior é branco, a diferenza doutros paíños atlánticos e ten unha face branca cunha máscara sobre os ollos negra como a dos Phalaropus. A súa plumaxe fai que sexa un dos paíños máis doados de identificar no mar.
Comportamento
[editar | editar a fonte]É unha ave estritamente peláxica fóra da estación reprodutora, e isto, xunto co remotos que adoitan ser os seus sitios de nidación, fai que sexa unha ave difícil de ver desde terra. Só cando hai fortes tormentas esta especie pode verse empurrada a chegar a algúns promontorios. Non obstante, existen uns poucos rexistros desta especie en Europa occidental, desde Francia ao Reino Unido e os Países Baixos e mesmo en Galicia é unha ave accidental.[4] Ten un voo directo planeado e golpea coas patas na superficie da auga cando recolle nela alimento planctónico. É moi gregario, pero non segue os brcos. Igual que a maioría dos paíños, a súa capacidade de camiñar en terra está limitada a unha curta marcha torpe ata a súa toqueira.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Reprodúcese en illas remotas do sur do Atlántico, como Tristan da Cunha e tamén en Australia e Nova Zelandia. Hai colonias no Atlántico norte nas Illas Cabo Verde, illas Canarias e illas Salvaxes. Nidifica en colonias preto do mar en buratos entre as rochas e pon un só ovo branco. Pasa o resto do ano no mar. É estritamente nocturno nos seus sitios de reprodución para evitar a predación polas gaivotas e papamerdas, e incluso evita vir a terra nos días con moito luar.
Subespecies
[editar | editar a fonte]Recoñécense seis subespecies, que se reproducen en colonias de illas das rexións subtropicais e subantárticas do Atlántico, Índico e suroeste do Pacífico. Son:[6][7]
- P. m. albiclunis Murphy & Irving, 1951[8] – illas Kermadec
- P. m. dulciae Mathews, 1912[9] – illas da costa sur de Australia
- P. m. eadesi Bourne, 1953[10] – Illas Cabo Verde
- P. m. hypoleuca (Webb, Berthelot & Moquin-Tandon, 1842)[11] – illas Salvaxes
- P. m. maoriana Mathews, 1912[9] – illas arredor de Nova Zelandia, como as Chatham e illas Auckland
- P. m. marina (Latham, 1790)[3] – Tristan da Cunha e illa Gough (subespecie nominal)
Status e conservación
[editar | editar a fonte]Está moi estendido dentro da súa zona de distribución, e está incluído na Lista vermella da IUCN como "especie ameazada".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pelagodroma marina". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ Reichenbach, L. (1852). Das natürliche System der Vögel. Dresden und Leipzig. p. IV.
- ↑ 3,0 3,1 Latham, Joannis (1790). "Genus XCV. Procellaria". Index ornithologicus 2. Londini: Sumptibus authoris. p. 826.
- ↑ 4,0 4,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ "Pelagodroma marina (Latham, 1790)". ITIS. Consultado o 2013-07-16.
- ↑ "White-faced Storm Petrel". Avibase. Consultado o 2013-07-16.
- ↑ Murphy, Robert Cushman; Irving, Susan (1951). "A Review of the Frigate-petrels (Pelagodroma)". American Museum Novitates 1506: 1–17. hdl:2246/3964.
- ↑ 9,0 9,1 Mathews, Gregory M. (1912). "Genus--Pelagodroma". The Birds of Australia 2. Londres: Witherby. pp. 19–30.
- ↑ Bourne, W. R. P. (1953). "On the Races of the Frigate Petrel, Pelagodroma marina (Latham) with a New Race from the Cape Verde Islands". Bulletin of the British Ornithologists' Club 73 (7): 79–82.
- ↑ Webb, P. B.; Berthelot, S.; Moquin-Tandon, Alfred. Ornithologie canarienne. Histoire Naturelle des Îles Canaries. 2 (2). París: Bèthune. pp. 45–56.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- BirdLife Species Factsheet Arquivado 04 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine.