Saltar ao contido

Pablo Crespo Penas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPablo Crespo Penas
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 2002 Editar o valor en Wikidata (22 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiragüista Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportepiragüismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaPiragüismo en augas tranquilas Editar o valor en Wikidata
Participou en
7 de agosto de 2024Piragüismo nos Xogos Olímpicos de 2024 – C-1 1000 metros masculino (12º) Editar o valor en Wikidata

Pablo Crespo Penas, nado en Pontevedra en 2002, é un deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de augas tranquilas. Participou nos Xogos Olímpicos de 2024, na proba de C-1 1000 metros.

É fillo dos tamén piragüistas José Manuel Crespo e Ana María Penas, con múltiples participacións olímpicas.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

No Campionato do Mundo Sub-23 de 2023 en Plovdiv gañou unha medalla de ouro na proba de C-2 1000 metros xunto ao tamén galego Manuel Fontán e unha prata no C-1 1000 m.[2]

Participou nos Xogos Olímpicos de 2024 no C-1 1000 m, seguindo os pasos de seus pais, que participaron varias veces nos Xogos.[1] Fíxoo na modalidade do C-1 1000 metros, conseguindo o pase a semifinais, pero non á final principal. Disputou a final B, na que rematou cuarto, o que se traduciu no 12º posto final.[3]

  1. 1,0 1,1 "Pablo Crespo prolonga la dinastía". Faro de Vigo (en castelán). 25 de xuño de 2024. Consultado o 10 de agosto de 2024. 
  2. "El palista pontevedrés Pablo Crespo recoge el testigo de David Cal y, salvo sorpresa, estará en París" (en castelán). 9 de maio de 2024. Consultado o 10 de agosto de 2024. 
  3. Carrazoni Mier, Yuri (9 de agosto de 2024). "Cando dalo todo non é abondo: crónica dunha xornada regular no piragüismo na que escaparon os metais". Nós Diario. Consultado o 10 de agosto de 2024.