Saltar ao contido

Manuel Fontán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Fontán
Nome orixinal(es) Manuel Fontán Señorans Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de abril de 2001 Editar o valor en Wikidata (23 anos)
Vilanova de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiragüista Editar o valor en Wikidata

Manuel Fontán Señoráns, nado en Vilanova de Arousa o 17 de abril de 2001, é un deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de augas tranquilas. Foi dúas veces campión do mundo no C4 500 metros (2022 e 2023).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pertencente ao Náutico O Muíño de Ribadumia, foi internacional con España dende a categoría cadete. Gañou os Xogos Europeos da Xuventude en Hungría nas categorías C1 200 e C1 500, e foi subcampión de Europa Júnior no C1 1000 en Auronzo.

En 2022 proclamouse no Canadá campión do mundo na proba de C4 500 m, xunto aos tamén galegos Adrián Sieiro e Pablo Graña e o balear Joan Moreno,[1] título que revalidou ao ano seguinte en Duisburgo.[2] Tamén en 2023 logrou dúas pratas no Campionato Europeo sub-23 en Montemor-o-Velho, nas probas de C2 1000 metros (xunto a Diego Dominguez) e no C2 500 metros (xunto a Martín Jácome).[3]

En 2024 disputou o Campionato de Europa na localidade húngara de Szeged, conseguindo o bronce no C2 200 metros, xunto a Sieiro.[4]

Palmarés internacional

[editar | editar a fonte]
Campionato Mundial
Ano Lugar Medalla Competición
2022 Dartmouth Medalla de ouro Ouro C4 500 m
2023 Alemaña Duisburgo Medalla de ouro Ouro C4 500 m
Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Competición
2024 Hungría Szeged Medalla de bronce Bronce
  1. "Manuel Fontán y Pablo Graña logran el oro en el Campeonato del Mundo de Sprint" (en castelán). 8 de agosto de 2022. Consultado o 1 de xaneiro de 2024. 
  2. "El cangués Pablo Graña, campeón del mundo dentro del C4 500" (en castelán). 27 de agosto de 2023. Consultado o 1 de xaneiro de 2024. 
  3. Sánchez, Gonzalo (30 de xullo de 2023). "Manuel Fontán logra otro subcampeonato de Europa para el Náutico O Muiño" (en castelán). Consultado o 1 de xaneiro de 2024. 
  4. Caldas, María (16 de xuño de 2024). "Manuel Fontán y Adrián Sieiro logran la medalla de bronce en el C2 200 metros" (en castelán). Consultado o 28 de xuño de 2024.